December 2017
·
74 Reads
Ciclo de Conferencias: "No limiar das Artes: Encrucillada de tradicións rupestres". Programa e links ás conferencias gravadas pola UVIGO-TV. A Arte Rupestre Galaica é un ben patrimonial de grande importancia e, pola súa orixinalidade, unha sinal de identidade de primeira entidade no ámbito do Noroeste. A extraordinaria abundancia e calidade da Arte Rupestre Galaica suscita a necesidade de estudala, interpretala, conservala e divulgala como unha parte sobranceira da nosa memoria histórica e do noso patrimonio material. A súa importancia estratéxica como recurso patrimonial é especialmente interesante nas áreas interiores, onde se establece o encontro entre diferentes anifestacións de estilos artísticos rupestres, compartidos nunha área transfronteiriza. O potencial da provincia de Ourense para as manifestacións de arte rupestre está aínda pouco estudado e valorado. Nesta perspectiva de estudo e defensa do noso patrimonio arqueolóxico rupestre, semella coherente reforzar a comunicación e coordinación con Portugal así como as comunidades limítrofes (Asturias, León e Zamora), que tamén posúen manifestacións de valor análogo. Por iso resulta moi interesante concitar nestas xornadas a investigadores de diferentes ámbitos xeográficos (os organizadores da UVigo, invitados da Universidade de Coimbra e Minho, conferencias sobre a arte esquemática leonesa, etc.), contrastar os recursos patrimoniais dosvales fluviais interiores da área interior do Noroeste da Península Ibérica, como unha forma máis e coñecer e valorar estes recursos patrimoniais e de establecer modelos de viabilidade para a difusión e conservación do patrimonio cultural e natural no ámbito do desenvolvemento económico sostible.