PresentationPDF Available

Abstract

Guía de uso de EndNote Online
Biblioteca da ETS de Náutica e Máquinas
EndNote Online permíteche:
Traballar de forma remota: accede á túa información dende calquera lugar.
Importar referencias bibliográficas: crea a túa biblioteca persoal.
Organizar os teus documentos: Permíteche xestionar as túas referencias (e PDF's).
Colaborar: podes compartir as túas referencias.
Inserir referencias bibliográficas nos teus documentos.
Se estás rexistrado na Web of Science, terás unha conta na ferramenta EndNote Online
EndNote Online
O teu usuario e contrasinal son
os mesmos que os do teu
usuario de WOS.
Tes un límite de 50.000
referencias.
https://www.myendnoteweb.com/
Tamén podes acceder dende:
Preme para acceder Usuario rexistrado
EndNote Online aparece por defecto en inglés, pero está dispoñible en varios idiomas
Tamén podes cambiar o idioma, premendo directamente no menú inferior
Importar referencias dende WOS
1. Selecciona os documentos.
2. Preme en Exportar a EndNote
Online.
3. Elixe o contido do rexistro.
4. Exporta.
12
3
4
Importar referencias dende WOS
Os documentos que tes gardados na túa conta
de EndNote Online, aparecerán marcados con
este símbolo na WOS:
Sempre que consultes WOS como usuario
rexistrado. Así evitarás duplicalos.
Importar referencias dun ficheiro
Moitas bases de datos e revistas, permiten
gardar as referencias bibliográficas en
arquivos de exportación (RIS, BibTeX...)
Podes importar estas referencias dende a
lapela Recopilar:
1. Selecciona o arquivo.
2. Elixe o tipo de arquivo. Podes ter os teus
arquivos habituais gardados en
favoritos.
3. Selecciona o grupo (cartafol) no que
queres gardar as referencias .
4. Importa.
1
2
3
4
Capturar referencia
Para instalar a ferramenta Capturar,
arrastra o botón Capturar referencia á
túa barra de marcadores ("Barra de
favoritos" ou "Barra de ferramentas de
marcadores").
Nalgúns navegadores, é posible que
teñas que facer clic co botón dereito e
seleccionar "Agregar a Favoritos" ou
"Engadir esta ligazón a marcadores".
Capturar referencia
Para usar a ferramenta, accede á páxina que
desexes (blog, páxina web, revista...) preme
no botón Capturar referencia da barra de
marcadores. Abrirase a xanela na que podes
corrixir (ou completar) campos e indicar en
que grupo queres arquivar a referencia.
Engadir un PDF dende EndNote Click
Se non usabas Kopernio, preme para crear
unha conta en EndNote Click.
EndNote Click (antes Kopernio) é un
complemento gratuíto do navegador
(Chrome, FireFox, Opera, Edge,
proximamente tamén en Safari) que
permite localizar o texto completo dun
documento, tanto se está publicado en
acceso aberto, coma se forma parte das
subscricións da UDC (debes rexistrarte coa
conta de correo institucional).
Funciona en Web of Science, PubMed,
Google Scholar e en 20.000 webs, sempre
que o PDF teña un doi.
Engadir un PDF dende EndNote Click
Se tes a extensión EndNote Click instalada
no teu navegador, cada vez que cargues unha
páxina web, tentará localizar o PDF do
documento.
Indicarache as versións localizadas.
Preme en View PDF.
Engadir un PDF dende EndNote Click
Levarache á páxina EndNote Click dende
onde poderás exportar a referencia e o PDF
aEndNote Online.podes seleccionar o
grupo no queres gardar a referencia co PDF.
Engadir unha referencia de forma manual
Tamén podes engadir referencias de forma
manual, seleccionando o tipo de documento e
completando os distintos campos da
referencia.
Organizar os teus documentos
1. Os documentos importados
gárdanse en [Sin archivar]
2. Preme en [Sin archivar] para
ver os documentos importados.
3. Selecciona os documentos que
queiras organizar
4. Engádeos a un grupo
(equivalente a cartafol) ou
crea un novo grupo.
1
2
3
4
Organizar os teus documentos
Se premes no clip, podes achegar arquivos á
referencia (como o PDF do artigo).
Tes unha capacidade de almacenaxe de arquivos de 2 GB
Colaborar
Podes compartir as referencias (non os
arquivos) dun ou varios grupos cun ou
varios usuarios de EndNote Online. Debes
decidir que uso poden facer dos documentos
compartidos.
Aquí verás os grupos que outros usuarios comparten contigo
Elimina o grupo, non as referencias
Buscar referencias
Podes buscar documentos entre as túas
referencias (ou nun grupo).
Debes ter en conta:
Termo_1 Termo_2 buscará (Termo_1 OR Termo_2).
+Termo_1 +Termo_2 buscará (Termo_1 AND Termo_1) .
“Termo_1 Termo_2buscará exactamente o que hai
entre as comiñas.
Termo_1Termo_2 buscará (Termo_1 NOT Termo_2).
Inserir referencias nun documento
Cite While Your Write éun plug-in que che permite inserir referencias,
citas e bibliografía de xeito automático, mentres escribes en Word.
Inserir referencias nun documento
Tamén podes descargar Cite
While Your Write dende
Descargas.
Inserir referencias nun documento
Unha vez que instalases o
plug-in, aparecerá en Word
unha nova lapela chamada
EndNote.
Preme en Preferences e
introduce o teu usuario e
contrasinal de EndNote
Online.
Inserir referencias nun documento
Selecciona o estilo de cita que
queiras utilizar (hai 5.000
estilos de cita).
En calquera momento, podes
cambiar o estilo de cita, e os
cambios aplicaranse no documento
de forma automática.
Inserir referencias nun documento
Coloca o cursor no lugar do texto no que
queiras inserir unha cita e preme en Insert
Citation.
Busca, nas túas referencias de EndNote
Online,o documento que queres citar,
selecciónaa e insere a cita.
As citas insérense automaticamente no texto e
xérase a bibliografía.
Inserir referencias nun documento
Se queres editar ou eliminar unha cita debes
facelo utilizando a opción Edit & Manage
Citation(s)
Inserir referencias nun documento
Podes configurar a bibliografía
pulsando en Configure Bibliography
Bibliografía
Delgado, A. (2020). Curso A3 Gestionar mi bibliografía con EndNote Online y encontrar los
textos completos. https://www.youtube.com/watch?v=pNNM75e12Vo
ResearchGate has not been able to resolve any citations for this publication.
ResearchGate has not been able to resolve any references for this publication.