O presente artigo busca aproximar se á orixe, significado, discurso e con secuencias do «feminismo punitivista». O «feminismo puntivista» xorde no contexto occidental ligado ao «feminismo liberal» que subscribe a lóxica da «penalidade neoliberal», porén, é unha categoría acuñada polo pensamento feminista antipunitivo ou pospunitivo, polo tanto non temos feministas que se auto denominen elas mesmas como punitivistas. Metodoloxicamente empregamos a interseccionalidade e a teoría decolonial, e co fin de evitar un texto escrito unicamente dende o pensamento occidental, acódese á bibliografía latinoamericana. O artigo conclúe con algunhas ideas para avanzar no «feminismo pospunitivo».