Content uploaded by Iolanda Galanes
Author content
All content in this area was uploaded by Iolanda Galanes on Sep 06, 2015
Content may be subject to copyright.
Iolanda Galanes
Universidade de Vigo
iolag@uvigo.es
Recibido o 04/05/2015. Aceptado o 06/07/2015
Resumo
A elaboración de repertorios terminográcos que in-
clúen o galego como lingua de traballo experimentou
desde 1980 un notable desenvolvemento. A produción
terminográca galega recente, xerada ao abeiro do pro-
ceso de normalización lingüística, foi obxecto de análi-
se en publicacións nas que se relaciona coa planica-
ción lingüística (p.e. Rodríguez Río 1996, Galanes 2003).
Pola súa banda, na disciplina terminolóxica producíron-
se relevantes cambios teóricos (sobre todo a partir de
Cabré 1999a), que incorporan a visión social e comu-
nicativa ao tratamento da unidade terminolóxica. Estas
innovacións teñen reexo nas aplicacións terminográ-
cas, especialmente no referido a plasmar as relacións
entre denominación e concepto (sinonimia, polisemia
etc.), así como á variación denominativa e conceptual
e á selección das fontes de extracción da terminoloxía
(baseadas agora en corpus).
Nesta situación, entendemos necesario actualizar a
análise sobre a terminografía galega, desde a nova
perspectiva comunicativa e co obxecto da mediación
interlingüística, incidindo na calidade dos dicionarios.
Para iso deseñamos un sistema de avaliación con base
nos indicadores internacionais (Pointer 1995), nas me-
todoloxías de base comunicativa e nas máis recentes
normas internacionais (ISO) sobre traballo terminográ-
co. Os resultados desta avaliación revelan conclusións
que servirán para orientar o deseño de futuros traballos
terminográcos.
Palabras chave
Terminoloxía, dicionarios terminográcos galegos,
calidade terminográca, mediación interlingüística,
tradución
Sumario
1. Introdución. 2. Terminoloxía e calidade. 2.1. Os avan-
ces da Terminoloxía e nas aplicacións. 2.2. O concepto
de calidade en Terminoloxía. 3. Sistema de avaliación da
calidade dos repertorios terminográcos. 3.1. Análise
de necesidades. 3.2 Criterios de calidade dos diciona-
rios para a mediación lingüística. 4. Calidade da termi-
nografía galega recente. 4.1. Caracterización xeral. 4.2.
Análise dos repertorios terminográcos galegos (2000-
2014). 5. Conclusións.
Abstract
The production of terminology dictionaries including
Galician as a working language has undergone signi-
cant development since 1980. Recent Galician termi-
nographic work, generated within the linguistic nor-
malization process, has been analyzed in publications
in which this fact is related to language planning (e.g.
Rodríguez Río 1996; Galanes 2003). Meanwhile, theo-
retical changes have occurred in terminology science,
especially since Cabré 1999a, incorporating a social and
communicative perspective into the treatment of ter-
minological units. These innovations are being reect-
ed in current applied work on terminology, especially
with regard to how the relationship between terms and
concepts is formulated (synonymy, polysemy, etc.), va-
riation in terms and concepts, and the choice of sources
of terminology, which are now corpus-based.
The time has come for a re-evaluation of Galician
terminography work in the light of these new devel-
opments, taking into account the new communicative
perspective and aiming at interlingual mediation, with
special attention to the quality of dictionaries. For this
purpose, we have designed an evaluation system based
on international indicators (Pointer 1995), communica-
tively oriented methods and the latest international
standards (ISO) on terminographic work. The results
ndings of this study will aect the design of such work
in the future.
Keywords
Terminology, Galician terminology dictionaries, termi-
nographic quality, interlinguistic mediation, translation
Contents
1. Introduction. 2. Terminology and quality. 2.1. Advanc-
es in terminology and applications. 2.2. The concept
of quality in terminology. 3. Evaluation system of the
quality of terminology dictionaries. 3.1. Analysis of the
needs. 3.2 Quality criteria of dictionaries for linguistic
mediation. 4. Quality of recent Galician terminography.
4.1. General characterization. 4.2. Analysis of Galician
terminological dictionaries (2000-2014). 5. Conclusions.
Galician terminography and quality: new patterns
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52, ISSN 1889-2566
Estud. lingüíst. galega 7 (2015): 33-52
DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.7.2534
I. Galanes
34
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
1. introdución
Nos procesos de normalización lingüística, que pretenden ampliar os ámbitos de uso dunha
lingua, o cultivo terminolóxico ocupa un lugar destacado. A terminografía galega medrou
considerablemente nas últimas catro décadas. Esta produción e o seu papel no proceso de
normalización lingüística foi analizada en varios traballos (Rodríguez Río 1996 e 2006; Galanes
2003 e 2006, p.e.). O obxectivo daqueles era computar e visibilizar esa produción e tamén su-
xerir medidas para unha boa xestión desde os presupostos da planicación lingüística.
Como queira que aquelas análises precisan dunha actualización e que se produciron cam-
bios substanciais na disciplina terminolóxica e tamén na difusión da información especializa-
da, cremos chegado o momento de reexionar sobre a calidade dos dicionarios publicados
desde a perspectiva da teoría comunicativa da terminoloxía, i.e., como fontes para a media-
ción interlingüística.
Desde os seus inicios ata a hoxe, a Terminoloxía funciona como disciplina auxiliar doutras
(normalización técnica, planicación lingüística, enxeñaría lingüística, documentación e tra-
dución e interpretación) que se achegaron a ela con obxectivos diferenciados, como tamén
o son as necesidades dos usuarios (Cabré 2004: 25 e ss.). O resultado é que a disciplina ex-
perimentou avances no plano teórico e tamén nas súas aplicacións. Estas, ademais, víronse
acompañadas de importantes cambios na xestión da información e na súa transmisión tele-
mática, p. e., co desenvolvemento dos córpora, que agora lles serven de fonte aos repertorios
terminográcos.
A globalización cultural, económica e cientíca actual fai que toda lingua que queira sal-
vagardar a súa identidade e rearmarse necesite comunicar e representar coñecemento es-
pecializado para sobrevivir. Xorde a gura do mediador interlingüístico, recoñecido como un
dos principais usuarios da terminoloxía (Gómez González-Jover 2006: 233), que ten as súas
propias necesidades terminográcas.
Polo tanto, os obxectivos deste artigo son analizar a produción terminográca galega nos
últimos anos de acordo coas novas correntes terminolóxicas, realizar unha análise de necesi-
dades de información terminográca para a mediación interlingüística, coñecer ata que punto
a terminografía galega actual responde a elas e tirar un diagnóstico sobre esta produción, e
tamén as liñas de actuación futuras que poidan contribuír a inserir a lingua galega e a súa
terminoloxía no panorama internacional. Para iso, deseñamos un marco teórico; a seguir,
analizamos as necesidades terminográcas de acordo cos ns de mediación interlingüística e
expoñemos o sistema de análise; e, no cuarto apartado, avaliamos a calidade dos repertorios
terminográcos recentes. As conclusións desta análise guran no nal deste artigo.
2. terminoLoxíA e cALidAde
Neste apartado abordamos os aspectos teóricos que serven de apoio ao sistema de análise
da terminografía deseñado ad hoc. Dunha banda, revisamos os avances da disciplina termino-
lóxica, para identicar as implicacións que a visión comunicativa tivo na práctica terminográ-
ca. Doutra, repasamos as contribucións que sobre calidade e terminoloxía viron a luz tamén
neste período como xusticación ao noso sistema de avaliación de calidade.
2.1. Os avances da Terminoloxía e nas aplicacións
A Terminoloxía formalízase como disciplina autónoma (vs. a Lexicografía) a partir de 1930 con
base na elaboración de dicionarios técnicos, obra de especialistas (como The Machine Tool de
Eugen Wüster). O obxectivo destas obras era a normalización terminolóxica, entendida como
harmonización terminolóxica das denominacións técnicas nas linguas de cultura. A partir des-
ta práctica terminográca derívanse os principios da disciplina, que constitúen o que hoxe se
coñece como a Teoría Xeral da Terminoloxía (TXT ). Durante o século XX a disciplina experi-
mentou sucesivas reformulacións no plano teórico e práctico como produto da súa difusión,
Terminografía galega e calidade: novos modelos 35
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
da aplicación a outros ns (corrente planicadora, corrente traducional etc.), da multiplicación
exponencial da transmisión de coñecemento especializado e dos avances tecnolóxicos. De
xeito que á n do s. XX se fai sentir a necesidade de crear un novo marco teórico que combine
todas as achegas no que se deu en denominar a Teoría Comunicativa da Terminoloxía (TCT),
formulada por Teresa Cabré en 1999. Non realizaremos un percurso sobre a historia da Termi-
noloxía e as súas reformulacións, que se pode consultar, entre outros, en Cabré (2005) e de
modo mais extenso en Montero et al. (2011: 19-64). Limitarémonos a salientar as novidades
que introduce a TCT, en contraste coa TXT, na práctica terminográca.
O obxectivo dos dicionarios técnicos xerados na TXT é, partindo do concepto, o de selec-
cionar de entre todas as posibles a denominación de referencia para cada concepto. Desde
un punto de vista prescritivo, escólmase esta denominación por considerala a máis adecuada
para representar o concepto. A xación dunha forma de referencia en cada lingua facilitaría a
comunicación internacional normalizada (uniformizada) que se plasma nas normas técnicas
internacionais. Na TXT a relación que se establece entre denominación e concepto é biunívoca
(unha denominación para cada concepto), sen considerar nin a polisemia nin a sinonimia dos
termos de especialidade. A metodoloxía escollida é onomasiolóxica (isto é, do concepto á
denominación) e considérase que os conceptos constitúen un conxunto estanco que o espe-
cialista debe estruturar internamente. O especialista de cada ámbito temático é, polo tanto, o
único que está en condicións de ordenar este coñecemento e o que está en mellor situación
para elaborar un dicionario terminolóxico.
Andando o tempo, a disciplina e a súa práctica evolucionan como consecuencia do avance
epistemolóxico, do contraste coa práctica terminográca e da transformación das tecnoloxías
da información. As principais innovacións teóricas derívanse dunha nova visión do concepto,
que pasa a considerarse dinámico, susceptible de variación e de límites difusos. Mais tamén,
se sente a necesidade de plasmar a variación denominativa e conceptual nos dicionarios para
dar conta de todas as posibles denominacións dun concepto e das súas relacións con outros. A
descrición detallada do termo e a inclusión de variantes permitiranlle ao usuario do dicionario
escoller as denominacións máis adecuadas ás súas necesidades, marcadas pola situación co-
municativa concreta. Isto implica crebar co principio de monorreferencialidade e univocidade
do termo (TXT ) e aceptar e describir a sinonimia. Ademais, propúgnase agora adoptar un mé-
todo de traballo terminográco combinado (onomasiolóxico e semasiolóxico, é dicir, tamén a
partir da denominación se estuda o concepto), polo que adquire relevancia a elaboración de
dicionarios a partir de córpora (representantes do uso real) como fonte de extracción. Estas
son as principais innovacións derivadas do cambio de paradigma teórico coa formulación da
TCT (Cabré 1999a). Algunhas das súas consecuencias na práctica terminográca formúlanse,
por exemplo, en Freixa, Kostina e Cabré (2002) ou en Cabré e Tebé (2005).
Na práctica terminográca dous son os camiños encetados, dunha banda guran os estu-
dos sobre a nova formalización do concepto, entendido como unha entidade dinámica que
debe ser obxecto de organización a través de ferramentas conceptuais (ontoloxías, ontoter-
minoloxías, termontoloxías etc.) nas que se tenta plasmar as relacións entre conceptos a partir
dos termos dun corpus real (Roche 2008: 14; Alcina 2009: 39). Da outra, ven a luz estudos de
Lexicografía funcional, que unen as bases teóricas da Terminoloxía, a Terminografía e a Lexi-
cografía, integrándoas na chamada Lexicografía de especialidade que pretende atender as
necesidades comunicativas do usuario dos textos especializados (termos e tamén fraseoloxía,
colocacións etc.) desde unha perspectiva semasiolóxica (Fuertes-Olivera 2012: 7 e ss.).
Á vista da evolución disciplinaria, Vargas (2007: 46-47) establece tres xiros na historia da
Terminoloxía. O primeiro é a reformulación dos presupostos teóricos: o termo pasa a ser unha
unidade comunicativa e lingüística, alén de unidade de coñecemento; establécese un trata-
mento descritivo do termo, que considera os aspectos lingüísticos e pragmáticos coñecidos
a partir das propostas socioterminolóxicas, sociocognitivas e sociolingüísticas. A seguir vén o
xiro tecnolóxico, que supón a descrición dunha metodoloxía para compilar, validar, organizar,
almacenar, actualizar, intercambiar e recadar termos, así como a creación de novas ferramen-
tas de xestión de base informática. Supón a integración entre a Lingüística e a Informática nun
I. Galanes
36
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
momento no que o acceso a textos especializados pola difusión de Internet, a posibilidade
de compilalos en córpora e de poder manipular e recuperar datos con bases de datos ter-
minolóxicas, fan albiscar a extracción semiautomática de termos. O terceiro xiro xorde como
evolución das bases de datos e aborda a xestión da estrutura semántica dos contidos e as súas
relacións. Preténdese a representación formalizada das relacións semánticas conceptuais en
sistemas informáticos. Deste xeito, as bases de datos terminolóxicas vincúlanse á ontoloxía
na que se establecen o sistema de conceptos e as súas relacións, así como as súas subclases,
funcións, instancias (obxectos determinados) para extraer os axiomas (ou regras de funciona-
mento). O novo reto da terminografía é xestionar automaticamente o plano conceptual do
termo.
En denitiva, dunha concepción estática, abstracta e delimitada do concepto denida
polo especialista (e terminólogo) en cada ámbito temático, pásase a unha concepción diná-
mica, a integrar na descrición das denominacións os métodos das correntes de traballo termi-
nolóxico (de base tecnolóxica, planicadora ou traducional) establecidos por Rondeau (1984:
5 e ss.) e descritos por Cabré (1992: 33 e ss.). Proponse a combinación de métodos onomasio-
lóxicos e semasiolóxicos, o que implica unha conuencia metodolóxica entre Terminografía
e Lexicografía. Ademais, considéranse os aspectos conceptuais, pero tamén os lingüísticos
e os comunicacionais do termo, utilízanse novos medios automatizados para o tratamento
da información e prodúcense repertorios terminográcos para un público meta ampliado.
Esta ampliación do destinatario derívase das novas necesidades de mediación lingüística nun
contexto no que as interaccións especializadas se multiplican e xa non teñen exclusivamente
como emisor e receptor o especialista. Estas innovacións marcan as liñas mestras da calidade,
que analizamos para a terminografía galega.
2.2. O concepto de calidade en Terminoloxía
Para coñecer que é a calidade acudimos á súa denición na norma ISO 9000/2005: “3.1.1.quali-
ty. Degree to which a set of inherent characteristics (3.5.1) fulls requirements (3.1.2). NOTE 1:
The term quality can be used with adjectives such as poor, good or excellent” (ISO 9000/2005:
7). Remítenos ás características inherentes dun produto que deben estar en relación cuns
requisitos previos (deseñados na fase de produción) para que este acade un determinado
grao de calidade. Se ben, cómpre explicitar que a calidade atinxe non só aos produtos, senón
tamén aos métodos e, nese sentido, as normas ISO sobre terminoloxía inciden na xestión ter-
minolóxica e nos servizos co obxecto de harmonizar os procesos de produción (Pozzi 2003;
Silva 2014)1. Así, a calidade ten unha dobre vertente, interna e externa, que se rere tanto aos
procesos de produción como á satisfacción das necesidades dos destinatarios dos produtos
xerados.
A denición de calidade no dicionario da Real Academia Galega2 ofrece tres acepcións.
A primeira presenta como sinónimo característica, as outras dúas acepcións relacionan a ca-
lidade co concepto de clase (ou categoría) cunha interpretación positiva. Estas dúas últimas
acepcións responden á concepción do noso sistema de avaliación, ao considerarmos que a
calidade é unha característica positiva e con ese presuposto deseñamos o noso protocolo
de avaliación. Nel explicitamos os requisitos de calidade que deben respectar os dicionarios
orientados á mediación interlingüística, a partir das necesidades dun amplo grupo de poten-
ciais usuarios/as e das novas orientacións da disciplina, da reexión sobre as prácticas termi-
nográcas e das máis recentes normas internacionais ISO de traballo terminográco.
É obvio que a calidade, a boa calidade, dos produtos terminográcos está relacionada coas
boas prácticas e, polo tanto, coas metodoloxías empregadas. Non existe unha metodoloxía
terminográca única, nin é o noso obxectivo xulgalas, e somos conscientes de que dependen
dos ns dos repertorios elaborados. No contexto galego formulouse unha metodoloxía sobre
1 En Silva (2014) estúdase a xestión terminolóxica e a calidade. As normas analizadas son ISO 1087-1:2000, 15188:2001,
12616:2002, 860:2007, 22128:2008, 26126:2012.
2 http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=calidade (consulta: 9/01/2015).
Terminografía galega e calidade: novos modelos 37
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
o traballo terminolóxico puntual adaptada á nosa lingua (Rodríguez Río 2003), mais non se
xerou aínda ningunha metodoloxía de traballo sistemático, é dicir, orientado á produción de
repertorios temáticos3. En todo caso, que as aplicacións terminográcas sigan unha metodo-
loxía é un criterio de calidade.
Outra fonte para establecermos os criterios de calidade son os informes de ámbito eu-
ropeo sobre terminografía. Deles, interésanos o diagnóstico que sinala as carencias dos di-
cionarios nun marco internacional multilingüe. Destacamos, en concreto, o proxecto Pointer
(coordinado pola Universidade de Surrey) desenvolvido entre 1995-1997 co obxecto de pro-
porcionar datos sobre o estado da investigación da terminoloxía e dos produtos terminográ-
cos4. A través do método de enquisa (Questionary survey)5 identifícanse as expectativas que
o/a tradutor/a ten nas fontes terminográcas que son, por orde de prioridade, as seguintes
informacións:
• foreign language equivalent, synonym, variant, abbreviation;
• denition, contextual example, usage information;
• date, source and terminologist’s name;
• grammatical information
Na sección 4 do informe nal de Pointer6, tras os problemas da Terminografía, indícanse
solucións que pasan por ampliar a lista de informacións pertinentes (semántica, morfolóxica,
sintáctica, fraseolóxica e pragmática); por mellorar os formatos, dándolles unidade e cohe-
rencia; por afondar no tratamento do plano conceptual e por permitir o acceso á información
tanto desde o concepto como desde a denominación. Estas medidas facilitan a creación de fe-
rramentas terminolóxicas orientadas á tradución. Os aspectos sinalados concordan coa evolu-
ción teórica da disciplina, que se formaliza pouco despois na enunciación da TCT. Os criterios
de calidade que extraemos para a nosa análise son: a importancia de mellorar as informacións
lingüísticas para adecuar os produtos ás necesidades comunicativas dos potenciais usuarios/
as, a de facilitar o acceso á información e a de afondar no estudo do concepto.
De modo paralelo ao desenvolvemento dos proxectos antes citados, Cabré (1998/1999)
reexiona sobre o concepto de calidade en Terminoloxía e indica que unha colección de ter-
mos especializados é de calidade cando son ables, adecuados e correctos (ou estandariza-
dos). Identica ademais unha batería de indicadores explícitos e implícitos de calidade. Entre
os primeiros gura que o repertorio inclúa marcas de uso, en atención á perspectiva comuni-
cativa da terminoloxía, e entende por tales as marcas dialectais (espazo, tempo e situación), as
marcas pragmáticas e as de ponderación. Entre as marcas implícitas indica: a metodoloxía e o
proceso de elaboración explícito, a calidade das fontes de procedencia dos termos e da infor-
mación, a composición mixta do equipo de traballo, a validación por especialistas no proceso
de elaboración e o respecto das normas internacionais. Para concluír que un produto termi-
nográco será tanto máis able canto que reúna unha serie de requisitos formais e de contido
que teñen a súa implicación nos datos que deben incluír os repertorios (Cabré 1998/1999: 277
e ss.). A modo de resumo presentamos esta información na gura seguinte:
3 Aínda que non son descoñecidas outras metodoloxías como a de Auger e Rousseau (1984), traducida ao catalán por
Cabré; Rondeau (1984); Arntz e Picht (1995); ou máis recentemente Pavel e Nolet (2001).
4 Este proxecto serve de diagnóstico para o proxecto Interval, coordinado pola mesma universidade, que pretende crear
unha infraestrutura de xestión terminolóxica en Europa, harmonizando métodos e coordinando recursos.
5 http://www.computing.surrey.ac.uk/ai/pointer/ptsurvey.html (consulta: 12/01/2015).
6 http://www.computing.surrey.ac.uk/ai/pointer/report/contents.html (consulta: 12/01/2015).
I. Galanes
38
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
estrutura do traballo contido datos
• Explicitación de autoría
• Adecuación título-contido
• Explicitación de obxectivos
• Presentación da estrutura de
coñecemento do ámbito
• Explicitación do abano
temático
• Precisión de destinatarios e
función
• Presentación da metodoloxía
• Inclusión de normas de
manexo
• Bibliografía de referencia e de
baleirado
• Lista de termos completa
• Termos ables desde o
punto de vista documental
• Termos pertinentes
• Formas terminolóxicas ben
representadas
• Categoría gramatical
• Fonte de procedencia
• Denición exacta
• Correspondencia entre
denición e termo
• Denicións sistemáticas,
pertinentes e regulares
• Fiabilidade das remisións
• Fiabilidade das equivalencias
noutras linguas
• Fiabilidade das equivalencias
de contextos
Táboa 1. Criterios de calidade da terminoloxía apud Cabré (1999/1998)
Esta proposta de criterios interésanos pola súa exhaustividade e por poñer o foco tanto na
calidade dos produtos terminográcos, que é o obxecto da nosa atención, como na calidade
dos termos que se poñen en circulación. Presenta criterios concretos que materializan as orien-
tacións citadas anteriormente. Para elaborar a nosa proposta tomamos este traballo como base,
se ben escolmamos os criterios que atanguen á calidade dos repertorios e adaptámolos á si-
tuación sociolingüística do galego de especialidade. Así, desbotamos algúns, como as marcas
dialectais ou cronolóxicas por non seren aplicables. Ou rebaixámolos noutros casos, pois máis
que comprobar a abilidade dalgúns datos (remisións, equivalencias etc.), debemos consignar
como indicio de calidade que estes guren. Nese mesmo sentido, a comprobación dos criterios
relativos ao contido precisaría dun especialista en cada unha das materias de especialidade,
ante a imposibilidade de realizar esta comprobación, consignamos como indicio de calidade
que na elaboración da obra participen especialistas.
Por último, a calidade en Terminoloxía gura nas normas ISO aplicadas principalmente á
xestión terminolóxica (procesos, planicación etc.; Silva 2014). De entre elas, recuperamos a que
trata sobre o traballo terminolóxico (ISO 704, 2009: v) que enumera as actividades precisas7: a) a
identicación do concepto e das relacións entre conceptos; b) a modelización dos sistemas de
conceptos; c) a elaboración de representación dos sistemas de conceptos a través de esquemas
conceptuais; d) a denición dos conceptos; e) a atribución de denominacións (principalmente
de termos) a cada concepto nunha ou en varias linguas; e, f) o rexistro e presentación dos datos
terminolóxicos, en soportes impresos ou electrónicos.
Percibimos nesta enumeración a pegada da perspectiva comunicativa da terminoloxía no
afondamento no plano conceptual (relacións conceptuais, denicións etc.), na utilización do
plural “denominacións” o que introduce a variación denominativa nos repertorios terminográ-
cos, na perspectiva multilingüe ou na inclusión dos soportes electrónicos. Vericamos, pois, que
as innovacións teóricas teñen reexo no ámbito normativo.
3. sistemA de AvALiAción dA cALidAde dos repertorios
terminoGráficos pArA A mediAción interLinGüísticA
3.1. Análise de necesidades
A mediación interlingüística implica transmitir información desde unha lingua a outra cunha
nalidade e nun contexto determinados, para o que deben realizarse necesariamente tres ope-
7 A tradución é nosa a partir da versión francesa da norma.
Terminografía galega e calidade: novos modelos 39
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
racións: a comprensión do texto orixinal, a transferencia (sobre todo da terminoloxía) e a refor-
mulación do texto meta. O mediador en calquera das súas modalidades (tradución, interpreta-
ción, dobraxe etc.) conta normalmente cunha competencia temática inferior á do emisor e á do
receptor do texto obxecto de mediación. Debe resolver esta carencia con celeridade, o que o fai
del un usuario privilexiado das fontes documentais entre as que guran os dicionarios.
A tensión pola calidade do texto meta aumenta, pois este debe funcionar como orixinal,
isto implica que a transferencia de contidos especializados ten que realizarse de forma grama-
ticalmente correcta, conceptualmente concisa e estilisticamente adecuada. A súa terminoloxía
debe ser real e adecuada ao nivel de especialización do texto, i.e., conforme á utilizada polos
especialistas da lingua meta, tendo en conta a variación formal e conceptual dos termos da
especialidade.
Os dicionarios non son as únicas fontes que emprega un mediador, pero si as principais, as
súas necesidades son diferentes das doutros usuarios (especialistas, documentalistas, público
leigo etc.). Aínda que desde a Terminoloxía se abordou a explotación das fontes terminolóxicas
para a tradución especializada (Cabré 1999b, 2000 e 2004), interesa para os obxectivos deste ar-
tigo escoitar a voz de profesionais da Tradución e coñecer de primeira man as súas necesidades.
Destacamos dúas reexións realizadas desde perspectivas diferentes. Dunha banda, Mayo-
ral (1999: 149 e ss.) establece oito criterios que un tradutor debe ter en conta á hora de avaliar
a rendibilidade das fontes documentais para a tradución. Estes son: abilidade, autoridade, ac-
cesibilidade, orixinalidade, especicidade, exhaustividade, corpus e adaptación ao destinatario. A
súa reexión parte dunha longa experiencia como tradutor de textos especializados, se ben a
aplicación dos criterios non sempre é evidente e depende tamén da lingua de traballo e da súa
situación.
Doutra, Gómez González-Jover, (2006) delimita as funcións que un dicionario especializado
ten para a tradución especializada, de modo previo á construción do seu propio repertorio. En
primeiro lugar sinala como pertinentes as informacións nocionais (Gómez González-Jover 2006:
241) que o dicionario debe recoller para contribuír a superar as carencias temáticas do media-
dor. Indica que son: denición, área temática e relacións entre conceptos, todas elas contribúen
a que o mediador comprenda os conceptos orixinais e procure, a través do concepto, a súa
equivalencia adecuada; facilitando así a transferencia. Ademais, sinala que o mediador debe
contar cun léxico que valore adecuadamente a variación horizontal (por áreas de coñecemento)
e vertical (segundo graos de abstracción en: especializado, semiespecializado e xeral), polo que
o repertorio non se pode limitar “a indicar los equivalentes “regulares”, prototípicos y sistémicos,
sino que también debe incluir equivalentes discursivos, contextuales o “situativos” (Gómez Gon-
zález-Jover 2006: 242). As unidades seleccionadas serán unidades simples, unidades polilexe-
máticas e mesmo formantes sen autonomía léxica (como por ex. bio-, hemo- etc. en Medicina).
A identicación destas unidades, así como das variantes, é fundamental para a reexpresión do
texto orixinal. A efectos metodolóxicos de constitución dun dicionario, resulta relevante partir
dun corpus de textos da especialidade, o que facilita a inclusión de exemplos reais e de contex-
tos nas voces do futuro dicionario.
En denitiva, o mediador debe utilizar terminoloxías precisas e correctas, de modo conciso e
sistemático, para asegurar a intelixibilidade do texto meta e a súa calidade, por iso as ferramen-
tas que consulte deben estar adaptadas á mediación.
3.2. Criterios de calidade dos dicionarios para a mediación lingüística
No noso contexto publicáronse reexións sobre os criterios de validez das obras lexicográcas
e terminográcas (Rodríguez Río 2003: 19-20) con base nos criterios de Cabré (1999/1998) e do
proxecto Interval. Non é unha lista exhaustiva e guran nela aspectos relativos á difusión dos
repertorios e aos seus usuarios, que valoran o peso normativo, o prestixio dos seus autores e a
súa difusión, factores todos eles esóxenos. Aínda que se trata dunha reexión xurdida desde a
normalización lingüística valoramos que estea contextualizada para o caso galego. Retomamos
algúns dos seus criterios, se ben, desde a perspectiva da mediación lingüística. En concreto,
I. Galanes
40
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
temos en conta os criterios enunciados por Mayoral (1999) e aplicamos o establecido en Pointer
(1997), Cabré (1998/1999), Rodríguez Río (2003) e Gómez González-Jover (2006) co afán de arti-
cular un sistema de análise que atribúa evidencias (parámetros) aos criterios de Mayoral e sirva
para avaliar as fontes terminográcas. Numeramos correlativamente cada un deles para que
resulte máis doada a súa identicación.
Así, entenderemos que estamos ante un repertorio able (abilidade) se cumpre os seguin-
tes parámetros: 1) explicitar a metodoloxía de elaboración e citar o método de compilación de
datos (fontes e sistematicidade das informacións ofrecidas); 2) incluír bibliografía; e 3) xerarqui-
zar as acepcións, que implica unha ampla perspectiva (especializada, semiespecializada e xeral).
A autoridade do repertorio descansa en dous indicadores: 4) participación do especialista e
5) aval. As mellores obras contan coa autoría conxunta de terminólogos e especialistas, e tamén
é importante que conte co aval dunha entidade normativa (RAG), profesional ou institucional,
por entendermos que ningunha entidade arrisca o seu prestixio social nunha obra que non sexa
de calidade e de aceptación en medio especializado.
A accesibilidade derívase de tres parámetros: 6) que o repertorio conte con versión electró-
nica; 7) que permita realizar buscas avanzadas, para localizar a información en todo o artigo
terminográco (non só na entrada); e 8) que sexa posible recuperar a información a partir de
calquera das linguas de traballo, o que implica incluír índices remisivos.
A orixinalidade do dicionario cífrase no manexo de fontes documentais reais, os parámetros
que o miden son: 9) que guren nel contextos ou exemplos reais (non creados ad hoc); ou 10)
que o corpus de extracción estea constituído por documentos reais, o que non sempre é posible
nas linguas minorizadas.
A especicidade atinxe ao plano conceptual, os seus parámetros son: 11) a presenza dunha
árbore conceptual; 12) a utilización marcas que indiquen a relación entre conceptos, como as
remisións (reenvíos); ou 13) que as entradas presenten marcas de área e subárea temática.
A exhaustividade está asegurada se o dicionario: 14) presenta información nocional a tra-
vés de denicións terminográcas, ou preferiblemente enciclopédicas (Gómez González-Jover
2006: 244); e tamén se 15) inclúe todas as unidades polilexemáticas posibles, sinónimos, va-
riantes denominativas e marcas de uso de cada unha das formas. Estas orientan a escolla do
mediador segundo o nivel de especialización e rexistro do texto meta.
No referido ao corpus e dada a esixencia de empregar terminoloxías reais, é pertinente 16)
que o repertorio se basee en córpora de documentos reais da especialidade e 17) que ofreza
contextos e informacións de tipo gramatical.
A adaptación ao destinatario, o mediador, esixe que; 18) os dicionarios sexan multilingües
e 19) que dada a súa limitada competencia temática, poida recuperar máis información ca a
terminográca.
Estes son os criterios e parámetros que, ao noso xuízo, determinarán se a calidade da pro-
dución terminográca galega recente responde ás esixencias da mediación interlingüística que
a globalización require. Somos conscientes de que non todos os parámetros teñen o mesmo
peso na súa contribución á calidade da terminografía. Nesta primeira achega limitámonos a
cuanticar o cumprimento de criterios dunha mostra representativa da máis recente produción
terminográca, que presentamos a continuación. De modo que un repertorio terá en principio
máis calidade para a mediación cantos máis parámetros cumpra.
4. cALidAde dA terminoGrAfíA GALeGA recente
Para a avaliación da terminografía galega analizamos os repertorios terminográcos galegos
xerados a partir do ano 2000 ata a actualidade, por considerarmos que a produción anterior xa
foi analizada (Rodríguez Río 1996 e Galanes 2003) e por entendermos que interesa coñecer as
últimas tendencias desde a formulación da TCT.
Para localizalos acudimos á máis completa relación de repertorios terminográcos do Servizo
de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago (SNL da USC), que nos permite acceder
Terminografía galega e calidade: novos modelos 41
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
a eles por área temática e por orde cronolóxica8. Excluímos da nosa análise os repertorios de 2015
e analizamos os publicados entre 2000-2014, a través dunha caracterización xeral e da aplicación
dos criterios e parámetros expostos, sobre unha mostra seleccionada por produtor. De modo
previo incluímos unha caracterización xeral do total da produción terminográca dese período.
4.1. Caracterización xeral
Ao fío dos xiros establecidos por Vargas (2007) interesa saber ata que punto estes tiveron impli-
cación na terminografía galega. Analizamos a seguir os repertorios, non sen antes tratar doutras
ferramentas, como os bancos de datos terminolóxicos (xiro tecnolóxico) ou as aplicacións de
base conceptual (xiro semántico-conceptual).
Nese sentido, destacamos os proxectos que pertencen a cada unha das últimas etapas. A
primeira delas é o banco de terminoloxía multilingüe Buscatermos, elaborado polo SNL da USC.
Este banco de datos xorde a comezos do século como unha ferramenta de uso interno para a
comunidade universitaria (Rodríguez Río 2006: 36) e, a partir de outubro de 2012, é de libre
consulta en Internet por convenio coa Xunta de Galicia9, fornecedora dos medios técnicos pre-
cisos para un maior volume de consultas. O seu obxectivo é centralizar as terminoloxías xeradas
ou utilizadas no SNL. Ademais, foi incorporando baixo autorización outros repertorios termino-
grácos galegos e, posteriormente, xuntáronselle os léxicos elaborados en colaboración (sobre
todo de Realiter). Estas ampliacións a proxectos internacionais fortaleceron a súa perspectiva
multilingüe, que non é sistemática. En 2012 contaba con 150.000 conceptos e 450.000 entradas,
número que vai en aumento coa incorporación de novos repertorios. As informacións que ofre-
ce son variables segundo a fonte terminográca de extracción, mais o modelo de cha cumpre
cos parámetros internacionais ao incluír información lingüística (entrada, categoría gramatical,
termos complexos, variantes, sinónimos, remisións, equivalencias noutras linguas), nocional
(área e subárea temática, denicións) e documental, ao citar as fontes de extracción. Dúas carac-
terísticas que singularizan esta ferramenta son as marcas de ponderación, de modo que o con-
sultante coñece a abilidade atribuída polos compiladores, e a posibilidade de interacción. En
denitiva, polas súas dimensións e exhaustividade converteuse nunha ferramenta de referencia.
Do xiro semántico-conceptual salientamos os proxectos do Seminario de Lingüística Infor-
mática (SLI). Esta entidade, tras xerar diversos córpora (CLUVI, CTG), así como outras ferramentas
(corrector OrtoGal, tradutor automático OpenTrad apertium ou a plataforma de consulta simul-
tánea a varios recursos, RILG), orientou a súa investigación á Terminoloxía en conuencia coa
Termoteca e a Neoteca da Universidade de Vigo10. Comezou a desenvolver traballos de corte se-
mántica recentemente, o primeiro dos retos foi elaborar a versión galega da rede léxico-semán-
tica WordNet (Gómez Clemente et al. 2013: 28), denominada Galnet. O Corpus Técnico do Galego
(CTG) e Galnet son as ferramentas base para o desenvolvemento de Termonet, cuxo obxectivo
é realizar a extracción terminolóxica a partir de calquera synset (serie sinonímica) da ontoloxía
léxica de WordNet de acordo con relacións semánticas seleccionadas11. Trátase de traballos en
curso que fan albiscar novas aplicacións e produtos, dos que teremos noticias nos próximos
anos. Neste momento son a vangarda do traballo terminolóxico en Galicia.
Volvendo aos repertorios terminográcos, ofrecemos a seguir unha caracterización xeral de
modo previo á súa avaliación. Para elaborala sérvennos de modelo os parámetros utilizados por
Galanes (2003), para analizar a terminografía de 1984 a 2000.
8 https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/biblio-term.html (consulta: 12/01/2015). A cita de repertorios termino-
grácos segue o formato autoría (ano). Para a súa consulta remitimos á lista do SNL da USC. Da relación faltarían, na nosa
opinión, dous repertorios (ALTE 2008 e Bermejo et al. 2006) que recollen denominacións e denicións de conceptos espe-
cializados.
9 Véxase a nota de prensa correspondente: http://www.xunta.es/linguagalega/buscatermos (consulta: 15/04/2015).
10 Sobre os seus traballos: http://sli.uvigo.es/recursos.html (consulta: 15/04/ 2015).
11 Agradecemos a Xavier Guinovart e a Miguel Solla que nos facilitasen información sobre o proxecto SKATeR-UVigo:
“Adquisición de escenarios de coñecemento a través da lectura de textos: desenvolvemento e aplicación de recursos para
o procesamento lingüístico do galego”.
I. Galanes
42
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
O primeiro dos ítems que require a nosa atención é o volume de obra. Na devandita lista do
SNL da USC contabilizamos un total de 153 repertorios para o período 2000-2014, o que implica
unha media de produción de 10,2 repertorios/ano. Esta media duplica os 5 repertorios/ano do
período inmediatamente anterior e concorda coa tendencia ascendente sinalada en Galanes
(2003: 235).
En canto ás autorías, é pertinente combinar o criterio de autoría e o de editora, de modo que
tratamos ambos como produtores de terminografía. Os proxectos elaborados en parcería clasi-
cámolos como colaboración. Discriminamos as obras de editorial respecto das de especialista,
mesmo se potencialmente poderían entrar en intersección. Baixo a etiqueta institucional agru-
pamos tanto a obra publicada por administracións foráneas como pola administración galega.
Distinguimos entre os repertorios xerados polos servizos de normalización lingüística (servizos)
e os xerados no ámbito universitario (académico) galego, que etiquetamos como universidade.
Nel inclúense os dicionarios editados polos servizos de publicación ou no marco das actividades
académicas (traballos n de carreira ou proxectos de investigación). Singularizamos a achega de
Termigal por se tratar da entidade sobre a que a RAG fai descansar a autoridade normativa na
xación da terminoloxía galega. Na seguinte táboa presentamos os datos en números absolutos
e porcentaxe sobre o total de produtos:
produtor número % total
colaboración 24 15,68%
editorial 15 9,80%
especialista 3 1,96%
institucional 21 13,72%
Termigal/CRPHI 6 3,92%
profesional 15 9,80%
servizos 47 30,71%
universidade 22 14,37%
Táboa 2. Volume e porcentaxe de terminografía galega (2000-2014) por produtores
Á vista dos datos percibimos un aumento dos axentes e, sobre todo dos dicionarios elabora-
dos por colaboración. A maior parte deles son da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter)12, na
que se integran media centena de centros institucionais e universitarios de 16 países para pro-
duciren léxicos en linguas neolatinas sobre áreas de coñecemento innovadoras (biotecnoloxía,
hemodinámica, cambio climático, gripe aviaria, xeomática etc.) de modo colaborativo baixo
a coordinación dunha das entidades citadas. A xestión dos proxectos realízase por iniciativa
do coordinador de proxecto que propón un léxico, a partir dunha nomenclatura (aproxima-
damente 300 conceptos) con denicións en dúas linguas (normalmente inglés e francés) e os
participantes proporcionan as equivalencias denominativas na súa lingua. Cómpre indicar que
aínda que é un método rendible para a produción de terminoloxías galegas innovadoras, ata
o momento ningún destes léxicos foi liderado por unha entidade galega. Outro dos proxectos
colaborativos multilingües, a desaparecida rede Linmiter, agrupaba representantes de linguas
minorizadas neolatinas europeas.
Emerxen tamén outros editores de ámbito institucional, con sede na Xunta de Galicia. Se en
Galanes (2003: 235) se salientaba o labor da Dirección Xeral de Política Lingüística (DXPL) como
editora de terminografía, os promotores institucionais son neste período moito máis variados.
Xunto ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), que colle o tes-
temuño da DXPL e é sede de Termigal, guran outras entidades como a Dirección Xeral de Rela-
cións Parlamentarias (2008), Portos de Galicia (2006), a Fundación para o Fomento da Calidade
Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (2009) etc. Estes editores exerceron a súa
12 http://www.realiter.net/lessici-realiter?lang=gl (consulta: 20/04/2015).
Terminografía galega e calidade: novos modelos 43
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
función no período 2005-2009 e, tamén hai que dicilo, boa parte dos repertorios desapareceron
na actualidade da rede. Constitúe un colectivo de edición atinxido polo que poderiamos deno-
minar “mortalidade terminográca”, pois 6 (dun total de 13) repertorios irrecuperables perten-
cen a esta categoría.
Nese período, de modo paralelo a este impulso institucional, o sector profesional tamén pro-
duce dicionarios da man de entidades colexiais ou profesionais como a delegación galega do
Colexio Ocial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos en Fagúndez Díaz et al. 2008, o Colexio Ocial
de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (2009) ou a CIG (Gabinete Técnico de Saúde La-
boral 2008), que editan cadanseu dicionario. Non é esta unha senda nova, ten antecedentes en
repertorios como o do Colexio de Arquitectos de Galicia. O papel dos medios de comunicación,
como o desaparecido Vieiros e a súa sección galego.org tamén foi relevante, mesmo se os léxicos
editados en comezos do século nos resultan hoxe básicos.
O principal editor nesta etapa son os servizos de normalización lingüística, de entre os que
salientamos os de ámbito universitario. O SNL da USC e o da Universidade da Coruña (desde
2005) produciron boa parte dos repertorios baixo formatos uniformizados: Termos Esenciais e
Vocabulario no caso da USC e a serie Profesionaliza a túa lingua na UdC. Ambas as entidades
foron producindo terminografía para as titulacións implantadas nelas, cubrindo algunhas das
carencias detectadas en Galanes (2003: 238). Outro dos servizos produtores foi o da Confede-
ración de Empresarios de Galicia que, durante a súa andaina, publicou algúns dicionarios hoxe
ilocalizables na rede, seguramente pola desaparición da subvención que sostiña o servizo lin-
güístico.
No referido ás áreas temáticas consideramos os tres grandes grupos de Galanes (2003: 237):
Ciencia e Tecnoloxía, Ciencias sociais e Ciencias humanas, mesmo se somos conscientes de
que é unha división demasiado ampla. Daquela, indicábase unha prevalencia na edición de
glosarios de Ciencia e Tecnoloxía (55%) que se mantén nos repertorios analizados agora, pois
constitúen o 50% dos producidos. Os do ámbito das Ciencias sociais experimentan agora un
pequeno avance ao subir do 26 % ao 32,6%. E, por último, o ámbito das Humanidades presenta
unha porcentaxe semellante (17,3%) á consignada daquela (16%). Non existen, pois, mudanzas
considerables, máis aló do leve aumento dos repertorios en Ciencias sociais en detrimento das
áreas máis técnicas. As novidades atinxen ás subáreas de coñecemento obxecto de tratamento
terminográco. Na liña do apuntado en Galanes (2003: 238), incorpóranse neste novo período
algunhas enxeñarías (telecomunicacións, naval), Veterinaria, Fisioterapia, Podoloxía, Contabi-
lidade, Turismo, Dereito civil etc. O mesmo acontece con algunhas das grandes áreas como a
Filosofía ou a Física que pasan a ser obxecto de atención singularizada. Cóbrense, ademais,
diversas necesidades en grandes áreas de coñecemento. Sirvan de exemplo os dicionarios de
Medicina: contamos hoxe cunha excelente obra monolingüe (Reyes Oliveros et al. 2002) e a
correspondente obra tetralingüe (español, galego, inglés, portugués; Rodríguez Río coord.
2008), o que tamén é aplicable a outras áreas de coñecemento como a Bioloxía, o Dereito ou
os Recursos Humanos.
No tocante ás combinacións lingüísticas dos repertorios, para compararmos os datos que
guran en Galanes (2003: 239) cos da produción actual, elaboramos a seguinte táboa:
número de linguas 1984-2000 2000-2014
pentalingüe ou máis 8% 23%
cuadrilingüe 11% 5,10%
trilingüe 16% 13,86%
bilingüe 49% 40%
monolingüe 16% 17,51%
Táboa 3. Porcentaxe de repertorios por combinación lingüística (2000-2014)
I. Galanes
44
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
Os datos deixan ver un aumento notable de dicionarios que inclúen 5 ou máis linguas de
traballo, como consecuencia da colaboración en redes. Se en Galanes (2003: 240) se indicaban
as edicións de ámbito estatal como vía de elaboración do galego xunto coas outras linguas
autonómicas (en número de 7), agora ese tipo de edicións están en decadencia, de feito só rexis-
tramos tres (Cruz Mundet 2011; IULA 2008; e Administración da Seguridade Social 2006). Caso
distinto é o da colaboración en repertorios multilingües de ámbito catalán, ben os promovidos
en Realiter como desde outras sociedades cientícas de ámbito estatal (p. e. Porta dir. 2014). No
caso dos repertorios bilingües, ocupan un lugar destacado os que presentan as denominacións
nas dúas linguas coociais (español e galego), que supoñen o 80% dos bilingües, se ben a súa
porcentaxe, en comparación coa da produción anterior, está en diminución. Nese sentido des-
tacamos que case todos os dicionarios dun dos novos e máis activos produtores, o SNL da UdC,
presentan nos seus repertorios só esas dúas linguas.
O soporte maioritario dos repertorios é o dixital, con independencia de que poidan ter
tamén unha edición en papel. Nese sentido, o avance é moi signicativo, do total de 153 obras,
119 contan, ou contaron, con soporte electrónico. Este avance corre en paralelo coa difusión
dos medios electrónicos, especialmente nos servizos institucionais e académicos (os SNL, o SLI,
CRPIH etc.). Pola contra, só presentan edición en papel aqueles repertorios do sector editorial
(como González Piñeiro 2013; Varela Castro et al. 2011; Baldomir 2010) ou do ámbito da investi-
gación, como os traballos n de carreira, dos que algúns atoparon lugar en edicións privadas ou
institucionais (Souto García 2002; Camafeita 2010).
Para completar esta análise realizamos a seguir unha avaliación de calidade dunha mostra
dos repertorios na que abordamos os criterios citados en 3.2.
4.2. Análise dos repertorios terminográcos galegos (2000-2014)
Dada a imposibilidade de aplicarmos todos os criterios e os seus parámetros ao total da produ-
ción, realizamos neste apartado unha cala sobre mostra, cuxa escolla non é aleatoria. Dado que
nos interesa coñecer como se afronta a xestión multilingüe na terminografía galega, a primeira
escolma é segundo o tipo de produtor, de xeito que estean representadas todas as categorías da
táboa 2. Ademais, seleccionamos os dicionarios máis recentes, por interesarnos as tendencias, e
dentro deles, privilexiamos os repertorios multilingües sempre que foi posible.
Dos colectivos heteroxéneos, seleccionamos unha obra de cada axente, p.e. obras de ámbito
institucional español (Administración da Seguridade Social 2006) pero tamén galego (Instituto
Galego de Estatística 2010). E igualmente para os SNL dos que, dada a súa desigual traxectoria,
seleccionamos obras da USC, UdC e UVigo. Así mesmo, cando unha mesma entidade produ-
ce obras de distinto teor, organizadas ou non en coleccións especícas, decidimos seleccionar
unha de cada tipo. Así, do SNL da USC escolmamos obras da colección Termos esenciais e da
colección Vocabularios. E aínda máis, cando dentro dun mesmo subgrupo existan diferenzas
signicativas dunha a outra obra, tentamos explicitalas analizando as obras máis representati-
vas de cada tipoloxía.
O feito de aplicarmos os criterios citados a partir dunha selección por produtor non pre-
tende xulgar a mellor ou peor calidade dos seus repertorios, senón determinar como entende
e aplica esa entidade o traballo terminográco, asemade que caracterizamos a súa microes-
trutura.
A nosa mostra está constituída por 23 obras e avaliadas segundo o sistema exposto. Para es-
tes efectos sumamos o número de parámetros cumpridos dos establecidos no punto 3.2 deste
traballo. O seu resultado adiántase na terceira columna da gráca:
Terminografía galega e calidade: novos modelos 45
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
produtor obra parámetros
cumpridos
colaboración Porta (dir.) (2014) 15
Gómez Guinovart et al. (2014) 9
editorial Cruz Mundet (2011) 11
De Gregorio Fernández et al. (2010) 11
especialista Daviña Facal (2000-) 11
Consello da Cultura Galega (2006) 7
institucional
Administración da Seguridade Social (2006) 7
Instituto Galego de Estatística (2010) 5
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial (2009) 7
Termigal/
CRPIH
Lahuerta Mouriño et al. (2002) 9
Gómez Márquez et al. (2010) 9
Dans Álvarez de Sotomayor et al. (2010) 15
profesional Fagúndez Díaz et al. (2008) 12
Colexio Ocial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (2009) 11
servizo lingüístico
Martínez García et al. (2014) 13
Antelo Suárez et al. (2012) 13
Rodríguez Río (coord.) (2012) 13
Giménez Fernández et al. (2005) 9
Méndez López (2009) 5
universidade
Buono et al. (2011) 9
Souto García (2002) 15
Carril Vázquez et al. (2010) 8
Institut Universitari de Lingüística Aplicada, IULA (2008) 7
Táboa 4. Obras terminográcas galegas avaliadas (2000-2014)
Avaliamos cada unha das obras segundo os 8 criterios expostos no apartado 3.2. e os seus
correspondentes parámetros de calidade (19) e anotamos o número de parámetros cumpridos.
Incluímos esa información na terceira columna da táboa 4. Nas seguintes liñas caracterizamos
as obras paradigmáticas de cada un dos produtores.
O primeiro dos grupos obras en colaboración reúne un nutrido grupo de 24 repertorios
baixo dous modelos de colaboración. Dunha banda, a obra promovida por unha sociedade ou
colectivo cientíco, que inclúe as equivalencias noutras linguas alén da inicial; isto é, unha co-
laboración ad hoc, das que só temos unha obra. Doutra banda, gura a obra elaborada no seo
dunha rede de traballo terminolóxico estable, como Realiter ou Linmiter.
A xulgar polas obras que analizamos (Porta dir. 2014 e Gómez Guinovart et al. 2014) en am-
bos os modelos se parte dunha nomenclatura na lingua orixinal que conta na obra cun status
superior (árbore conceptual, denicións, reenvíos, ponderación de variantes etc.) ca as outras.
No ámbito académico, non faltan voces que reclaman un “enriquecemento lingüístico” (Cabré e
Tebé 2005: 22) que considere todas as linguas de traballo en pé de igualdade. Con todo, dado
que se trata dun procedemento rendible e rápido para xerar terminoloxías innovadoras en gale-
go, é unha vía de traballo que non convén descoidar.
Ambas as obras contan coa autoridade de especialistas e de entidades académicas, son
accesibles a través de formato electrónico, que permite as buscas avanzadas e a consulta de
índices. A información lingüística (exhaustividade) é bastante completa. A tacha que cabe apo-
ñerlles a ambas é que non se explicita o corpus de extracción (corpus) nin presentan contextos
reais (orixinalidade). Ademais, a segunda delas recibe unha menor puntuación por non explicitar
a bibliografía, nin a árbore conceptual nin as marcas de subárea (especicidade) e tampouco
presenta información nocional. O que non quere dicir que non se manexe esa información na
I. Galanes
46
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
nomenclatura inicial. Sería desexable que no futuro se visibilizase esta nos léxicos publicados.
En cambio, ofrece variantes xeográcas (p. e. portugués do Brasil) e variantes en todas as deno-
minacións de todas as linguas (aínda que só xerarquizadas na lingua orixinal).
Para avaliarmos as obras do sector editorial seleccionamos obra galega e analizamos a única
obra española deste tipo, o que é tamén é mostra da feble consideración da cultura galega en
ámbito español. Pola contra, varias editoras galegas inclúen dicionarios terminolóxicos nos seus
catálogos, aínda que testemuñalmente e como extensión aos materiais para o sector educativo
(vid. os dicionarios para Secundaria ou Bacharelato de Morgante) ou de colaboracións co sector
institucional (Caride e Trillo 2010). O certo é que veñen cubrir ocos en áreas decitarias (Filosofía,
Física, Pedagoxía). As súas limitacións proveñen de se publicaren en papel (baixa accesibilidade)
e de careceren de corpus.
No entanto, as obras analizadas (Cruz Mundet 2011; De Gregorio Fernández e Sendín Do-
mínguez 2010) presentan uns parámetros de calidade elevados baseados en completas informa-
cións nocionais de carácter enciclopédico, acompañadas doutros materiais (como láminas, reen-
víos lexislativos), e tamén na exhaustividade das informacións lingüísticas (denicións, unidades
polilexemáticas, variantes e marcas de uso). Son obra de autor especialista, o que asegura a súa
autoridade, pero non sempre indican as marcas de subárea, árbore gramatical (especicidade) ou
información gramatical (corpus). Ademais, a primeira delas, de acordo cos presupostos das nor-
mas ISO13, pretende harmonizar a terminoloxía da Arquivística na lingua principal (español) e só
permite recuperar a información desde esa lingua. As obras de ámbito galego son monolingües.
Na reducida nómina de repertorios de especialista incluímos aquelas obras de autoría ex-
clusiva de profesionais ou académicos dun ámbito temático. Seleccionamos 2 obras que repre-
sentan modelos diferenciados. A primeira delas (Consello da Cultura Galega 2006) é un anexo a
obra de especialista14 e a segunda (Daviña 2000- ) é un dicionario, aínda que non integro. Pola
súa autoría cumpren o criterio de autoridade, mais non sempre puntúan noutros aspectos. Así,
a primeira delas non inclúe información gramatical, nin marcas de uso e carece de explicitación
metodolóxica. Ambas as obras prescinden de contextos e de árbore conceptual, se ben Davi-
ña inclúe marcas de subárea. A formación terminolóxica autodidáctica de Daviña plásmase no
dicionario a través de informacións que incrementan a súa calidade, así trata aspectos metodo-
lóxicos, presenta informacións lingüísticas con exhaustividade e adáptase ao destinatario con
denicións de tipo enciclopédico. Ademais, xustica na introdución os criterios de adaptación
ortográca de termos de orixe grecolatina. As súas únicas limitacións derívanse de ser mono-
lingües, do soporte exclusivamente en papel (o que diculta a accesibilidade) e de non contar
con corpus e, polo tanto, de contextos reais. Con todo, tenta suplir esta última coa inclusión de
información fonética, a xusticación da ortografía e de innovadoras marcas de uso gramatical
como u.t.c.t (úsase tamén como transitivo).
O sector institucional produce glosarios como apoio ao seu labor sectorial para familiari-
zar a cidadanía cos seus procedementos e contribuír, de ser o caso, á normalización lingüística.
Quizais por iso ningunha delas explicita o método de elaboración, non inclúen bibliografía, nin
xerarquizan as acepcións e non se basean en corpus. En canto á autoridade, todas elas contan
co aval do sector profesional ao que van dirixidas e a súa accesibilidade depende da web na que
se publican. Así, o glosario da Seguridade Social non permite as buscas avanzadas nin presenta
índices e, malia a se tratar dun repertorio multilingüe, só se recuperan os termos en cada lingua,
sen posibilidade de cruzar información nin recuperar asemade as denominacións das outras
linguas. Pola contra, o repertorio do IGE presenta un formato innovador pois permite descargar
as entradas en formato bilingüe: inglés-galego, inglés-español, galego-inglés, español-inglés.
Excepto nesta fonte, o n de divulgación condiciona que presenten información nocional e nas
tres fontes guran unidades polilexemáticas e en dúas delas sinónimos e variantes, pola contra
omítense as marcas de uso. Así pois, presentan unha calidade media como consecuencia de non
estar orientados á comunicación internacional por responderen a ns divulgativos, moi patente
por exemplo no da Fundación para o Fomento da Calidade (2010).
13 Vid. a ampla introdución que así o dá a entender.
14 Representa o que Martínez de Sousa (2004: 177) denomina “glosarios escondidos”.
Terminografía galega e calidade: novos modelos 47
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
Da colaboración establecida entre profesionais e o Termigal/CRPIH xorden ferramentas de
interese, aínda que de formatos e calidade variable. Para a nosa avaliación seleccionamos 3 re-
pertorios de metodoloxías diferenciadas (Lahuerta et al. 2002; Gómez Márquez et al. 2010; e
Dans et al. 2010). A excelencia correspóndelle a última delas e reíctese en todos os criterios,
agás na orixinalidade e na exhaustividade, ao non presentar nin contextos, nin marcas de área e
subárea, nin árbore conceptual. Unha das súas características máis positivas, e innovadoras na
terminoloxía galega, é a aceptación do anisomorsmo (aínda que non o resolve), ao explicitar
que a estruturación conceptual da área de coñecemento pode non ser idéntica en todos os
espazos e linguas, o que vai na liña do “enriquecimiento lingüístico” proposto en Cabré e Tebé
(2005). Ademais, na súa introdución alude á metodoloxía onomasiolóxica (do concepto á de-
nominación), o que non parece casar coa ausencia de árbore conceptual ou de marcas de área
e subárea. Non queremos deixar de indicar que é un dos repertorios máis valorados da nosa
avaliación e que presenta como un dos obxectivos complementar outras obras sobre recursos
humanos. Os outros dous repertorios engaden, ás indicadas, carencias as de orde metodolóxica
(abilidade), marcas de uso (exhaustividade), corpus e tamén destacamos a ausencia de informa-
ción nocional (exhaustividade) de Lahuerta et al. (2002).
Os dicionarios xerados en ámbito profesional presentan unha grande calidade se os xulga-
mos a partir de Fagúndez Díaz et al. (2008) e de Colexio Ocial de Enxeñeiros de Telecomunica-
ción de Galicia (2009). Son 2 completas iniciativas de experto con orientación multilingüe (4 e 7
linguas, respectivamente), en soporte dixital. Desde o punto de vista metodolóxico saliéntase o
primeiro deles, polo seu apartado guía de uso, pola estrutura das entradas e pola posibilidade
de interacción a través de formulario. Do punto de vista da accesibilidade, tamén destaca por
permitir buscas avanzadas, así como a descarga do volume en formato pdf ou por recuperar a
información tanto das entradas como de calquera parte da cha terminográca, o que facilita
as buscas por calquera das linguas representadas sen necesidade de que existan índices. Ambas
carecen de contextos reais, por non explicitaren corpus e só a segunda delas ofrece contextos
(aínda que non sistemáticos), árbore conceptual e marcas de subárea en cumprimento do crite-
rio de especicidade. Canto á exhaustividade, son repertorios moi completos que inclúen infor-
mación nocional, unidades polilexemáticas, variantes e, no segundo caso, marcas de uso. O feito
de seren multilingües e a completísima información nocional fan delas ferramentas adaptadas
ao mediador interlingüístico.
A produción dos servizos é a máis numerosa neste período, á intensa acción do SNL da USC
súmase a do SNL da UdC e, en menor medida, a de Vigo. Seleccionamos 5 obras para dar conta
desta diversidade. As editadas pola USC (Antelo Suárez et al. 2012; Martínez García et al. 2014;
e Rodríguez Río coord. 2012) preséntanse en dúas coleccións distintas. Dunha delas (Termos
Esenciais) seleccionamos 2 obras por ser unha delas unha adaptación doutra obra catalá, o que
a singulariza, verbo das de produción propia. O cumprimento de parámetros é homoxéneo e sa-
tisfactorio. Mais en ningún deles se explicita o corpus de baleirado nin se inclúen contextos reais.
Non xerarquizan denicións, dado o seu carácter técnico. Nos repertorios que non inclúen de-
nición, súplense con marcas de uso que se introducen a través de notas con informacións va-
riadas (formas alternativas doutros dicionarios ou marcas gramaticais). Polo demais, presentan
todas as garantías de abilidade, autoridade (con aval da comunidade cientíca), accesibilidade
(formato electrónico), especicidade (árbore conceptual e marcas de subárea) e exhaustividade.
Dos escasos repertorios da UVigo seleccionamos Giménez et al. (2005), elaborada por un
conxunto de profesores de Economía na titulación de Tradución e Interpretación. Non presenta
información nocional, contextos reais, nin corpus. Tampouco presenta árbore nocional nin marcas
de subárea (exhaustividade) e como variantes só indica as siglas. A intervención de especialistas
en Economía das linguas representadas engade valor á abilidade das equivalencias propostas.
A UdC achega desde a colección Profesionaliza a túa lingua 24 repertorios entre 2005 e 2009.
Son léxicos limitados por seren listas de palabras en galego e español e, polo tanto, ideados des-
de a perspectiva da normalización lingüística. Contribúen a cubrir as necesidades urxentes de
docentes que desenvolven a súa actividade en galego, mais non ao contrario, ao excluír o índice
inverso. Carecen de información nocional, non se basean en corpus, non presentan contextos
I. Galanes
48
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
nin marcas de uso. As únicas variantes que presentan son as siglas. En denitiva, son repertorios
moi básicos que poden sentar as bases para posteriores desenvolvementos.
Máis aló do labor dos servizos lingüísticos, as universidades xeran e publican repertorios ela-
borados no marco da actividade investigadora. Nesta categoría analizamos un dicionario de
cada universidade galega e outro do IULA. Teñen a súa orixe en proxectos de investigación, polo
que non responden necesariamente ao obxectivo da mediación internacional, coa única excep-
ción de Souto (2002) que ten a súa primeira versión nun traballo n de carreira de Tradución e
Interpretación e que respecta os parámetros de calidade, agás en que non ten contextos reais,
nin marcas de uso ou informacións enciclopédicas, pois se limita ás terminográcas. Os outros
repertorios (IULA 2008; Buono et al. 2002; e Carril et al. 2004) puntúan un cumprimento inferior
ao non presentaren información nocional, nin árbore conceptual nin contextos. Algún deles
(Buono et al. 2002) publícase só en papel e prescinde de especialistas, o que limita a súa accesi-
bilidade e autoridade e o outro (Carril et al. 2004) non explicita nin metodoloxía nin bibliografía.
Noutras ocasións, as limitacións débense a ser un subproduto dunha investigación, como IULA
(2008), que pretende xerar un prototipo de reelaborador de consultas.
Para alén das notas negativas expostas, cumpriríanos un espazo moito maior para poñer
en valor o enorme esforzo que a produción destes dicionarios implicou. Sirvan estas liñas para
expresar ese recoñecemento.
5. concLusións
O paradigma comunicativo da Terminoloxía (TCT) acae ben ás necesidades da mediación lin-
güística. Esta demanda repertorios terminográcos cunha densa información nocional, válida
para facilitar a comprensión de conceptos pero tamén para coñecer as súas relacións. Propón,
ademais, describir as variantes denominativas, con información lingüística pero tamén pragmá-
tica, que oriente a selección da denominación máis adecuada ao texto meta. Esta información
debe extraerse de textos reais que poderían funcionar, potencialmente, como documentación
paralela no proceso de tradución. A estas esixencias debemos engadir as de acceso aos reper-
torios que, alén de precisar unha versión dixital, debe facilitar o acceso a toda a información
(nocional, denominativa, gramatical, sintáctica, multilingüe) de cada entrada, de modo que se
abran as vías de acceso a todos os datos e para todos os/as destinatarios/as.
A Terminoloxía, nas súas tres acepcións de disciplina, método e dicionario, tivo en Galicia un
desenvolvemento desigual ao non contar case con implantación en ámbito académico, nin con
capacidade para completar a elaboración de métodos de traballo, pero si cunha produción de
dicionarios terminográcos que xa non se pode ignorar.
A Terminografía galega xerou produtos diversicados (dicionarios, bancos de datos e enxe-
ñaría lingüística), que cómpre alentar para que saian da categoría de anécdota e cos seus des-
envolvementos contribúan a situala no mundo. Os dicionarios (2000-2014) non xeron máis
que aumentar, incluíndo novos produtores á nómina de terminógrafos, incorporando sistema-
ticamente o especialista, ofrecendo información multilingüe e completando áreas de coñece-
mento antes ignotas. Mais cómpre preguntarse honestamente se ese desenvolvemento cobre
as esixencias da comunicación internacional. Para intentar achegar unha resposta deseñamos
un modelo de análise de calidade articulado en 8 criterios (Mayoral) y 19 parámetros concretos
(normas de calidade, Cabré e experiencia propia). Aínda que sabemos que a calidade se aplica
aos produtos e aos métodos, restrinximos a aplicación á máis recente produción terminográca,
en secuencia á análise de Galanes (2003).
O test aplicado a un elenco de obras selecto (por actualidade e calidade) revélanos que,
salvo honrosas excepcións, non existen metodoloxías de referencia que orienten o conxunto
da produción de dicionarios nin quen coordine e organice a xestión terminolóxica en Galicia.
A vía de colaboración estalle a render bos resultados, aínda que, como no resto da produción,
cómpre mellorar os métodos e enriquecer a información de partida (intervindo no plano con-
ceptual con árbores ou mapas conceptuais, cando non con ontoloxías), así como mellorar as
equivalencias (p.e., xerarquizando as variantes, incluíndo marcas de uso e contextos). Os novos
Terminografía galega e calidade: novos modelos 49
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
soportes electrónicos facilitan o acceso á información mais cumpría avanzar no acceso a toda
a información (non só ás entradas) e asegurar a perdurabilidade dos léxicos na rede, quizais a
través dunha plataforma institucional. A grande carencia de todos os repertorios ten que ver
co corpus de partida real, que non está presente ou citado en case ningún deles como fonte.
Así pois, a análise de calidade revélanos problemas de método que cómpre solucionar. E malia
a todo o exposto, a media de cumprimento dos parámetros (e criterios) de calidade na mostra
é de 9,65 sobre os 19 criterios enunciados. Unha medianía que representa o meritorio esforzo
investido. Dedúcese da nosa análise un camiño para avanzar, que pasa necesariamente pola
formulación de métodos, o apoio ás novas aplicacións tecnolóxicas e unha mellor explotación
dos recursos textuais e terminográcos. Calquera avance redundará, sen dúbida, na calidade
dos dicionarios e, xa que logo, da lingua.
referenciAs bibLioGráficAs
Alcina, Amparo (2009): “Metodología y tecnologías
para la elaboración de diccionarios termino-
lógicos onomasiológicos”, en Amparo Alcina
/ Esperanza Valero / Elena Rambla (eds.), Ter-
minología y sociedad del conocimiento. Berna:
Peter Lang, 33-5. http://tecnolettra.uji.es/pubs/
alcina_09_terminologia&sociedaddelconoci-
miento.pdf (consulta: 20/02/2015).
Auger, Pierre / Louis-Jean Rousseau (1984): Meto-
dologia de la recerca terminològica. Barcelo-
na: Departament de Cultura, Generalitat de
Catalunya (tradución e adaptación de Teresa
Cabré).
Arntz, Reiner / Heribert Picht (1995): Introducción
a la terminología. Madrid: Fundación Germán
Sánchez Ruipérez. Pirámide (Traducción a espa-
ñol da obra de 1989 Einführung in die Terminolo-
giearbeit, Hildesheim: Georg Olms).
Cabré, M. Teresa (1992): La Terminologia. La teoria, els
mètodes, les aplicacions. Barcelona: Empúries.
Cabré, María Teresa (1998/1999): “À propos de la no-
tion de qualité en terminologie”, La banque des
mots. Numéro spécial 8. Qualité et terminologie,
7-34 (citamos pola versión en catalán “Sobre
la noció de qualitat en terminologia”, en María
Teresa Cabré, La terminología. Representación y
comunicación. Barcelona: Institut Universitari
de Lingüística Aplicada, 271-293).
Cabré, María Teresa (1999a): La terminología. Repre-
sentación y comunicación. Barcelona: Institut
Universitari de Lingüística Aplicada.
Cabré, M. Teresa (1999b): “Fuentes de información
terminológica para el traductor”, en María Pinto /
José Antonio Cordón, Técnicas documenta-
les aplicadas a la traducción. Madrid: Síntesis,
19-39.
Cabré, María Teresa (2000): “El traductor y la termino-
logía: necesidad y compromiso”, Panacea 1:2, 2-3.
Cabré, María Teresa (2004): “La terminología en la
traducción especializada”, en Consuelo Gonzalo
García / Valentín García Yebra (eds.), Manual de
documentación y terminología para la traduc-
ción especializada. Madrid: Arco Libros, 89-122
(Colección Instrumenta Bibliológica).
Cabré, María Teresa (2005): “La Terminología, una
disciplina en evolución: pasado, presente y
algunos elementos de futuro”, Debate termino-
lógico 1. http://seer.ufrgs.br/index.php/riterm/
article/view/21286 (consulta: 20/02/2015).
Cabré, Teresa / Carles Tebé (2005): “El trabajo ter-
minológico multilingüe de enriquecimiento
lingüístico: una propuesta metodológica”, Re-
vista Española de Lingüística Aplicada 19, 21-24.
http://dialnet.unirioja.es/ejemplar/134676.
Freixa, Judith / Irina Kostina / Teresa Cabré (2002):
“La variación terminológica en las aplicacio-
nes terminográcas”, en Actas del VIII Simposio
Iberoamericano de Terminología. Cartagena de
Indias: Riterm. http://www.ufrgs.br/riterm/esp/
simposios_anteriores_2002.html (consulta:
20/02/2015).
Fuertes-Olivera, Pedro A. (2012): “La elaboración
de diccionarios especializados para el tra-
ductor: Teoría y práctica”, Revista de Lexico-
grafía XVIII, 7-23. http://ruc.udc.es/bitstream/
2183/12129/1/RL_18_2012_art_1.pdf (consulta:
20/02/2015).
Galanes Santos, Iolanda (2003): “A terminoloxía en
Galicia”, en Henrique Monteagudo / Xoan Bou-
zada (dirs.), O proceso de normalización do idio-
ma galego. Elaboración e difusión da lingua, vol.
III. Santiago de Compostela: Consello da Cultura
Galega, 229-288.
Galanes Santos, Iolanda (2006): “Panorama da termi-
noloxía en Galicia: orientacións, infraestrutura e
recursos. Historia da (re)elaboración do corpus
da lingua”, en Servizo de Normalización Lingüís-
I. Galanes
50
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
tica da UDC, Lingua e investigación. II Xornadas
sobre lingua e usos. A Coruña: Universidade da
Coruña, 109-134.
Gómez Clemente, Xosé María / Xavier Gómez Gui-
novart / Andrea González Pereira / Verónica Ta-
boada Lorenzo (2013): “Sinonimia e rexistros na
construción do WordNet do galego”, Estudos de
lingüística galega 5, 27-42.
Gómez González-Jover, Adelina (2006): Terminolo-
gía, lenguajes profesionales y mediación inter-
lingüística. Aplicación metodológica al léxico
especializado del sector industrial del calzado y
de las industrias anes. Alacant: Universidade
de Alacant (tese de doutoramento). http://rua.
ua.es/dspace/handle/10045/760 (consulta: 08
/01/2015).
ISO 9000:2005: Quality management systems. Funda-
mentals and vocabulary.
ISO 704:2009: Travail terminologique- Principes et
méthodes.
Martínez de Sousa, José (2004): “La lexicografía es-
pecializada del español actual”, en Actas del
Congreso Técnicas Documentales Aplicadas a la
Traducción Especializada. Madrid: Fundación
Duques de Soria, 173-190.
Mayoral Asensio, Roberto (1999): “La traducción
especializada como operación de documenta-
ción”, Sendebar 8/9, 137-154.
Montero Martínez, Silvia et al. (20112): Terminología
para traductores e intérpretes. Granada: Edicio-
nes Tragacanto.
Pavel, Silvia / Diane Nolet (2001): Précis de termino-
logie. Otawa: Bureau de la traduction. http://
www.bt-tb.tpsgc-pwgsc.gc.ca/btb.php?lang=-
fra&cont=692 (consulta: 08/01/2015).
Pozzi, María (2003): “ISO 704 e ISO 1087-1: dos nor-
mas del ISO/TC37 en conicto”, en Margarida
Correia (org.), Terminologia e Indústrias da Lín-
gua, Actas do VII Simpósio Ibero-Americano de
Terminologia. Lisboa: ILTEC.
Roche, Christophe (2008): “Le terme et le concept :
fondements d’une ontoterminologie”, en Chris-
tophe Roche (ed.), Proceedings from the rst
TOTh conference 2007, Terminologie & O ntologie :
Théories et applications. Annecy: Institut Por-
phyre, 1-22. http://www.porphyre.org/toth/-
les/actes/TOTh2007_actes.pdf (consulta: 08/01/
2015).
Rodríguez Río, Xusto (1996): “Os traballos termino-
lóxicos en lingua galega: unha aproximación á
súa situación e ás súas necesidades”, Cadernos
de Lingua 13, 35-74.
Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Metodoloxía do tra-
ballo terminográco puntual en lingua galega.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura
Galega.
Rodríguez Río, Xusto (2006): “A modernización ter-
minolóxica e o uso do galego en contextos cien-
tíco-técnicos: o papel das universidades”, en
Servizo de Normalización Lingüística da UDC,
Lingua e investigación. II Xornadas sobre lingua e
usos. A Coruña: Universidade da Coruña, 25-40.
Rondeau, Guy (19842): Introduction à la terminologie.
Chicoutimi: Gaëtan Morin.
Silva, Raquel Alves (2014): Gestão de Terminologia
pela Qualidade. Processos de validação. Lisboa:
Universidade Nova de Lisboa (tese de doutora-
mento inédita).
Vargas Sierra, Chelo (2007): “El léxico especializado
y las ontologías”, en Enrique Alcaraz Varó et al.
(eds.), Las lenguas profesionales y académicas.
Barcelona: Ariel Lenguas, 41-52.
Wüster, Eugene (1967): The Machine Tool. Londres:
Technical Press.
Obra terminográca galega citada
Administración da Seguridade Social (2006): Glosa-
rio de termos da Seguridade Social. http://www.
seg-social.es/Internet_3/Glosario/index (con-
sulta: 20/02/2015).
ALTE (2008): Glosario de termos para a avaliación
de linguas. Santiago de Compostela: Xunta de
Galicia (tradución de Cristina Suárez e Lucía
Loureiro).
Antelo Suárez, Elisardo / Xusto A. Rodríguez Río
(2012): Termos esenciais de arquitectura de com-
putadores: (galego-español-inglés). Santiago
de Compostela: SNL USC. https://www.usc.es/
gl/servizos/snl/terminoloxia/andel-term_SNL.
html (consulta: 20/02/2015).
Baldomir Cabanas, Xohán Xavier (2010): Breve dicio-
nario galego de termos teatrais. Noia: Toxosoutos.
Bermejo, M.R / A.M. González-Noya / M. Vázquez
(2006): O nome e os símbolos dos elementos quí-
micos. Santiago de Compostela: Xunta de Gali-
cia, CRPIH. http://www.cirp.es/w3/publicacions/
pub-0218.html (consulta: 20/02/2015).
Buono, Benedict / María Consuelo de Frutos Martínez
/ Javier Gutiérrez Carou (2011): Vocabulario gale-
Terminografía galega e calidade: novos modelos 51
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
go-italiano: gastronomía. Santiago de Compos-
tela: Universidade de Santiago de Compostela.
Camafeita Longa, Olga M. (2010): Diccionario da músi-
ca popular en Galicia. Cangas: Edicións Morgante.
Caride Gómez, José Antonio / J. Felipe Trillo Alonso
(dirs.) (2010): Dicionario galego de pedagoxía.
Vigo: Galaxia.
Carril Vázquez, Xosé Manuel et al. (2010): “Glosario
elemental plurilingüe de relacións laborais (ga-
lego-castelán-inglés-francés)”, Anuario da Facul-
tade de Ciencias do Traballo 1, 387-482. http://
www.udc.es/snl/terminoloxia/rrll_plurilingue.
pdf (consulta: 20/02/2015).
Colexio Ocial de Enxeñeiros de Telecomunicación
de Galicia / Asociación de Enxeñeiros de Teleco-
municación de Galicia (2009): Dicionario galego
das TIC: DIGATIC. http://www.digatic.com (con-
sulta: 20/02/2015).
Consello da Cultura Galega (2006): Incendios fores-
tais: glosario. http://www.consellodacultura.org/
mediateca/extras/incendios_1.pdf (consulta:
20/02/2015).
Cruz Mundet, José Ramón (2011): Diccionario de ar-
chivística (con equivalencias en inglés, francés,
alemán, portugués, catalán, euskera y gallego).
Madrid: Alianza.
Dans Álvarez de Sotomayor, Lucía / Yolanda Manei-
ro Vázquez / Inés Veiga Mateo (2010): Diciona-
rio galego de recursos humanos. Santiago de
Compostela: Xunta de Galicia. http://www.cirp.
es/w3/publicacions/pub-0307.html (consulta:
05/04/2015).
Daviña Facal, Luís (2000-): Diccionario das ciencias
da natureza e da saúde. A Coruña: Deputación
Provincial da Coruña. Vol. I e II.
De Gregorio Fernández, Emilio / Armando Sendín
Domínguez (2010): Dicionario de arte. Vigo:
Xerais.
Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias (2008):
Glosario de termos parlamentarios. http://cpapx.
xunta.es/institucionais-glosario-de-termos-
parlamentarios (consulta: 04/04/2015).
Fagúndez Díaz, Teresa et al. (2008): Dicionario Ga-
lego de Construción Naval. Santiago de Com-
postela: Colegio Ocial de Ingenieros Navales
y Oceánicos (Delegación en Galicia) / Conse-
llería de Presidencia, Administracións Públicas
e Xustiza / Xunta de Galicia. http://dicionario
navalgalego.ingenierosnavales.com/ (consulta:
20/02/2015).
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
(coord.) (2010): Galeg@ vende II. Santiago de
Compostela: Consellaría de Innovación e Indus-
tria/ Dirección Xeral de Comercio. http://portal-
docomerciante.xunta.es/index.php/gl/biblio/7
(consulta: 20/02/2015).
Gabinete Técnico de Saúde Laboral (2008): Glosario
de termos de prevención, saúde e ambiente labo-
rais. Santiago de Compostela: Confederación
Intersindical Galega. http://www.cigsaudela-
boral.org/files/descargas/glosario%20forma-
to%20web.pdf (consulta: 03/02/2015).
Giménez Fernández, Eduardo Luis et al. (2005): Voca-
bulario de economía. Vigo: Universidade de Vigo.
http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/glosarios/
Vocabulario_de_economia.pdf (consulta:
20/02/2015).
Gómez Guinovart, Xavier et al. (2014): Léxico panlati-
no dos biocarburantes (français-català-español-
galego-italiano-português-româna-english).
Otawa: Bureau de la Traduction / Rede Panla-
tina de Terminoloxía. http://www.bt-tb.tpsgc-
pwgsc.gc.ca/btb.php?lang=fra&cont=g_2097
(consulta: 20/02/2015).
Gómez Márquez, Jaime / Ana Viñas Díaz / Manuel
González González (coord.) (2011): Dicionario
de bioloxía: galego-castelán-inglés. Santiago de
Compostela: Xunta de Galicia. http://www.cirp.
es/w3/publicacions/pub-0301.html (consulta:
25/04/2015).
González Piñeiro, María Isabel (2013): Glosario de
Arte para Bacharelato (castelán-galego). Cangas
do Morrazo: Edicións Morgante.
Institut Universitari de Lingüística Aplicada (2008):
Vocabulario multilingüe de economía -inglés, cas-
telán, catalán, galego, vasco. Barcelona: IULA /
Universidade Pompeu Fabra. http://ricoterm.
iula.upf.edu/docums/vocecon/gal/ (consulta:
18/03/2015).
Instituto Galego de Estatística (2010): Vocabula-
rio estatístico. Santiago de Compostela: IGE.
http://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?
paxina=003006&idioma=gl (consulta: 20/02/
2015).
Lahuerta Mouriño, Fernando et al. (2002): Vocabula-
rio multilingüe de acuicultura. Santiago de Com-
postela: Xunta de Galicia-Consellería de Educa-
ción e Ordenación Universitaria / Centro Ramón
Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?
p_id=91 (consulta: 20/02/2015).
I. Galanes
52
© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 33-52
Martínez García, Pilar / Xusto A. Rodríguez Río
(coord.) (2014): Termos esenciais de adminis-
tración electrónica (galego-español-francés-in-
glés-catalán). Santiago de Compostela: Uni-
versidade de Santiago de Compostela. http://
www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/
descargas/administracion-electronica.pdf (con-
sulta: 05/04/2015).
Méndez López, Iván (2009): Profesionaliza a túa
lingua: podoloxía. A Coruña: Universidade da
Coruña. http://www.udc.es/snl/terminoloxia/
Podoloxia.pdf (consulta: 05/04/2015).
Porta, Jaume (dir.) (2014): Dicionario multilingüe da
ciencia do solo -GLOSECS- (español-catalán-gale-
go-portugués-inglés-francés). Barcelona: Institut
d’Estudis Catalans. DOI: 10.2436/10.2000.40.1
http://cit.iec.cat/DMCSG/default.asp?opcio=0
(consulta: 20/02/2015).
Portos de Galicia (2006): Glosario de termos. http://
www.cptopt.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/
pid/378 (consulta: 14/01/2015).
Reyes Oliveros, Francisco / Constantino García Gon-
zalez (dir.) (2002): Diccionario galego de termos
médicos. Santiago de Compostela: Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria / Direc-
ción Xeral de Política Lingüística. http://www.
xunta.es/linguagalega/arquivos/diccmedico.
pdf (consulta: 14/01/2015).
Rodríguez Río, Xusto A. (coord.) (2012): Vocabula-
rio forestal (galego-español-inglés). Santiago
de Compostela: Universidade de Santiago de
Compostela. https://www.usc.es/export/sites/
default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/
forestal.pdf (consulta: 13/04/2015).
Rodríguez Río, Xusto A. (coord.) (2008): Vocabula-
rio de medicina: (galego-español-inglés-portu-
gués). Santiago de Compostela: Universidade
de Santiago de Compostela. https://www.
usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/
terminoloxia/descargas/medicina.pdf (consul-
ta: 13/04/2015).
Souto García, María Belén (2002): Vocabulario das
artes grácas, obradoiro de encadernación.
Vigo: Universidade de Vigo. http://anl.uvigo.
es/UserFiles/File/glosarios/Vocabulario_das_
artes_gracas._Obradoiro_de_encadernacion.
pdf (consulta: 13/04/2015).
Varela Castro, Luciano / Xosé Xoán Barreiro Prado
(coords.) (2011): Dicionario xurídico galego.
Santiago de Compostela: Xunta de Galicia /
Secretaría Xeral de Política Lingüística. Vigo:
Xerais.