ArticlePDF Available

Dicindo adeus a Galicia dende o Highland Princess : unha análise da obra de Seoane dende o poema.

Authors:

Abstract

Dende o momento en que Luis Seoane marcha cara ao exilio, inicia a súa loita para que todos os galegos e galegas poidan vivir mellor nun mundo máis xusto e libre e, por iso, escribe e pinta da súa terra. A través da escrita e da imaxe materializa as súas denuncias políticas, históricas e sociais, con versos e óleos nos que hai tristura, desesperación, loita, pero tamén esperanza por un futuro mellor para Galicia. Analizando o poema Dende o Highland Princess e unha serie de obras pictóricas que repiten en imaxes as mesmas reivindicacións dos versos, o lector/espectador interpreta e comprende á perfección o compromiso social e político do artista. Since the moment Luis Seoane leaves into exile, he begins a personal struggle so that every Galician can live in a fair and free world. This is the reason why he writes and paints about his own land. Through writing and pictures he materializes political, historical and social complaints. He gets it not only by means of verses and paintings full of sadness, despair, struggle, but also hope for a better future for Galicia. We analyze the poem Dende o Highland Princess as well as a series of paintings having the same reivindicative value as his verses. Through this, the reader can perfectly interpret and understand the social and political commitment of the artist.
LENGUA Y LITERATURA GALLEGA
Resumo: Dende o momento en que Luis Seoane marcha cara ao exilio, inicia
a súa loita para que todos os galegos e galegas poidan vivir mellor nun mundo
máis xusto e libre e, por iso, escribe e pinta da súa terra. A través da escrita e
da imaxe materializa as súas denuncias políticas, históricas e sociais, con
versos e óleos nos que hai tristura, desesperación, loita, pero tamén esperanza
por un futuro mellor para Galicia. Analizando o poema Dende o Highland
Princess e unha serie de obras pictóricas que repiten en imaxes as mesmas
reivindicacións dos versos, o lector/espectador interpreta e comprende á per-
fección o compromiso social e político do artista.
Palabras chave: arte, literatura, mar, emigración, xusticia.
Abstract:Since the moment Luis Seoane leaves into exile, he begins a per-
sonal struggle so that every Galician can live in a fair and free world. This is
the reason why he writes and paints about his own land. Through writing
and pictures he materializes political, historical and social complaints. He
gets it not only by means of verses and paintings full of sadness, despair, strug-
gle, but also hope for a better future for Galicia. We analyze the poem Dende
o Highland Princess as well as a series of paintings having the same reivin-
dicative value as his verses. Through this, the reader can perfectly interpret and
understand the social and political commitment of the artist.
Key words: art, literature, sea, emigration, justice.
“Nos llevarán las ondas no con bolsas repletas,
no con sacos de oro ni tanques ni aviones.
Nos llevarán con lo que siempre llevamos:
un morral, un cayado y unas tablas de amor.”
J. Moreno Villa
ISSN: 1130-8508 RLLCGV, XVII 2012 págs. 93-116
Dicindo adeus a Galicia dende o
Highland Princess: unha análise da obra
de Seoane dende o poema.
ELENA ALFAYA LAMAS
alfaya@udc.es
Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
Universidade de A Coruña.
doviso@udc.es
Recibido: marzo 2012. Aceptado: mayo 2012
94 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
DENDE O HIGHLAND PRINCESS
Outono 1949
Dende o combés de terceira do Highland Princess
vexo a túa costa, Galicia. As rochas sobervas
do bruante, aceirado Finisterre, que fechan
os meus lares familiares que os avoengos deixa-
ron de protexer.
I-escoito as voces amaldizoadas dos téus car-
ceeiros
e as gargalladas asesiñas dos teus verdugos.
Cada vaga que se achega ao barco semella
o brazo irmán ergueito, de home ou de muller,
que ao xordo ceo desasperado esixe libertade e
xusticia.
Decontado espiliron ellas na miña lembranza,
feitos crudeles non contados aínda por ninguén,
feras verbas dende entón xamáis ditas nin escritas,
esquecidas historias de noxías desespranzas an-
guriosas
que pol-a túa presenza voltan a miña memoria.
Vexo coma estadeas percorrer pol-o ár, en rin-
gleiras,
aos parentes próisimos, aos amigos queridos, mor-
tos,
ou si vivos, somidos en espesas, mouras tebras,
e acarón deles sinto que se xunguiron para sempre
á miña vida pasada, o meu presente vivo e o meu
porvir.
Ises mortos teceran no seu corazón, coma nós,
xenerosas esperanzas para todol-os homes, novos
pensamentos,
o mesmo que aqueles que, condenados ao silencio,
aínda viven esquecidos nas túas témeras cárceres,
agachados coma alimañas nas covas sobrosas dos
montes
ou atobados, arredados de sí mesmos, pol-as afas-
tadas rúas.
Por iste vento gris que agora fostrega a miña fa-
ciana,
o mesmo que fai marmuriar os teus boscos e as
tuas catedrales,
escoito ises claros, grandes, balbordos anceiosos
que veñen do fundo das túas entranas, aleivosa-
mente feridas,
e isas longas risadas tolas, sombrizas coma ou-
beos.
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....95
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron, Galicia,
e aínda sentido orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
da tua terra verde xurdida do océano, das túas
pedras venerables,
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país es-
trano,
onde outros fillos teus, meus irmáns, erguen ci-
dades,
irmandados no traballo cos homes doutros pobos
edosos,
a vagar esquecido e senlleiro entre as somas máis
mestas.
Doorido, dende o combés deste barco, véxote de-
bruzada ao mar.
Máis un día voltarei, derrubado e a vez afirmado
pol-o tempo,
en moitedume,
con tódol-os que erráneos coma eu andan espare-
xidos pol-o mundo.
LUIS SEOANE
INTRODUCIÓN
No Fardel de Eisiliado de Seoane hai un poema datado en outono de
1949, Dende o Highland Princess. Di, máis ou menos: «Dende o convés de ter-
ceira do Highland Princess vexo as túas costas, Galicia... Escoito as voces
malditas dos teus carceleiros e as gargalladas asasinas dos teus verdugos». Luis
Seoane concluía con dor, pero tamén con firmeza: «Dorido, dende o convés
deste barco, véxote debruzada ao mar. Mais un día voltarei, derrubado e á vez
afirmado en multitude, como tódolos que, erráticos coma min, andan esparexi-
dos polo mundo».
… E Luis Seoane voltou, e rematou a súa vida en Galicia onde ten actual-
mente fundación na Coruña que perpetúa a súa memoria. Se ben antes do seu úl-
timo retorno, o polifacético artista viviu durante un longo tempo o drama da em-
igración. Xa Luis Seoane López nacera no ano 1910 na cidade arxentina de
Buenos Aires, no seo dunha familia que coñecía a dureza de ter que deixar
atrás terra, familia e amigos. A familia puido afortunadamente voltar a Galicia
sendo aínda Luis un neno e establecéronse na cidade da Coruña. Vai medrando
e irá na mocidade estudar a Santiago de Compostela a carreira de Dereito, na que
se licencia en 1932, anos que se converten para Seoane nunha década que mar-
ca especialmente a súa vida pois serán os anos nos que se establece como avo-
gado, empeza a expoñer coma pintor e a participar en actividades políticas e cul-
turais que o vinculan ao Partido Galeguista e a significarse como home de es-
querdas e republicano. Cando se inicia a Guerra Civil, todo isto fará que teña que
exiliarse novamente a Buenos Aires. Luis Seoane tivo así que voltar para a
Arxentina, que se ben foi unha segunda patria para el, nunca abandonará de todo
a súa terra nin o seu compromiso coa realidade do país galego, tanto é así que se
decide a publicar artigos e poemas contra o fascismo, e a representar en imaxes
a súa terra, coas súas xentes, a morriña, a emigración... sempre a través de fi -
guras ou escenas expresivas que animen á reflexión do espectador e que serán o
motor que o move durante toda a súa vida artística: o compromiso con Galicia e
a loita pola xustiza e a liberdade.
Será en 1963 cando pode retornar a Galicia1e, pese á tardanza do regreso,
Seoane converteuse nun dos nomes máis importantes da cultura e a arte do
século XX. En 1979 o intelectual e artista morreu na Coruña2.
Home e artista inquieto foi pintor, gravador, ilustrador, poeta, ensaísta, po-
lifacético coma poucos, creará revistas, colaborará con editoras... se ben neste ar-
tigo interésanos salientar unha pequena parte da súa obra pictórica e poética, que
serve para entender o seu ideario e pretensións a través da arte e da literatura.
A carreira literaria iniciouna en 1952 coa publicación do poemario Fardel
de eisilado en Buenos Aires, ao que seguirán Na brétema, Sant-Iago (1956), Ci-
catrices (1959) e A maior abondamento (1972). Pódese considerar a Seoane un
escritor do social-realismo poético. Os temas da súa poesía van ser a emi-
gración, o exilio, a saudade das terras galegas, a loita pola xustiza... temas todos
eles que trasladará tamén á pintura.
No referente á carreira coma pintor, nin que dicir ten que é a figura funda-
mental en Galicia para entender a ruptura na metade do século XX coa pintura
academicista e mudar cara á abstracción. Na pintura do artista e intelectual
galego atopamos todo tipo de temáticas, dende paisaxes a naturezas mortas,
retratos, óleos dedicados á xente do campo e do mar, obras que, por distintas que
parezan, teñen sempre algo en común: a relación e compromiso con Galicia, a
súa musa, a súa guía e, por riba de todo, a terra nai.
Deixou obra figurativa e abstracta. Nas obras figurativas, compón de xeito
naturalista cunha linguaxe que chega a todos os públicos a partir dos seus in-
confundibles trazos grosos e figuras de volume escultórico, pero asemade moi
ele mentais que derivan dos elementos xeométricos básicos. Algunhas icono-
grafías son distintivas na obra pictórica do creador galego e sempre as utilizará
cun valor simbólico. Significativas serán as mulleres de Seoane, damas monu-
mentais, nas que mestura solidez e vivas cores. Estas mulleres son sempre sím-
bolo de esperanza, a alegoría dun futuro mellor para os máis desfavorecidos, a
esperanza que lle queda a Galicia.
96 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
1Volve a Galicia, pero sen residencia permanente.
2A mediados dos anos noventa (1996), creouse a Fundación Luis Seoane na Coruña, que
dende entón difunde a obra do artista e mantén viva a súa memoria, sen esquecerse de promover a
arte contemporánea a través de mostras temporais de arte actual.
Outro dos emblemas máis repetido por Seoane é o guerreiro medieval, que
representa só e batallando3. Mestura combate e soidade como símbolo de inde-
pendencia e valentía do guerreiro que tenta ser vencedor. A representación evi-
dentemente reflicte a coraxe dun pobo, o galego, que loita pola liberdade, loita
que Seoane fai propia.
Noutras ocasións, os símbolos que utiliza tanto na pintura coma na escritura
necesitan dunha lectura máis reflexiva que invita a indagar sobre o pintado ou
escrito. A todos eles ímoslles dedicar as seguintes páxinas.
O POEMA
Se noutros tempos distinguiamos entre poesía épica, lírica e dramática, hoxe
precisamos novas clasificacións. Así ocorre coa «poesía social», denominación
ambigua e, por conseguinte, perigosa. Se o que se quere dicir é que o poeta «so-
cial» conta coa sociedade, diríxese a ela e intenta transformala, non é de todo ex-
acto clasificar Dende o Highland Princess como «social», pois Seoane escribe
para que quede constancia. Porén, se «social» é tamén eufemismo de política, xa
ampliamos máis e polo tanto poderiamos dicir que en certa maneira si é social,
aínda que siga a resultar algo estraño aplicar tal cualificativo a este poema per-
soal que non é outra cousa que a autobiografía atroz e tenra ao mesmo tempo do
exilio dun poeta que ten saudade, que denuncia, que reivindica e que, por riba de
todo, ten unha gran capacidade de irmandar. Di Fernández del Riego (1994) que
Galicia estivo vinculada á súa memoria desde sempre e que fóra dela enchíase de
dolorosa saudade, que lembraba á montaña, ao fondo da paisaxe familiar e a
Compostela dos días universitarios. «Desde a nenez, a súa alma casou coa luz da
terra galega que nunca esquecería.» Nunca se someteu Seoane a nada nin a
ninguén e por iso non é de estrañar que tampouco o fixera ao compoñer poesía,
pois o único que el pretendía era mostrar solidariedade co pobo galego e cos
homes do mundo. A súa obra poética fainos recordar non só a poesía social de-
ses anos e, por tanto, buscarlle un punto de conexión, senón que tamén pode
reve lar unha voz épica no poema, a do propio poeta, que se alza para se revelar
contra determinadas actitudes históricas coma o franquismo neste caso, para de-
nunciar e para facer unha protesta social. Sería entón Dende o Highland Princess
un poema social con unha voz épica, pero entón, qué fariamos coa saudade da
Galicia ideal, coa anguria do exiliado e coa súa esixencia á dor do exilio? Dire-
mos en definitiva que ningunha cualificación sería exacta porque Seoane non es-
taba suxeito a canons, a súa é unha poesía libre como forma de reivindicación da
falta de liberdade do poeta e do desamparo total dos galegos do mundo.
Dende o Highland Princess pertence ao libro do exilio e da dor, ao da
amargura e da protesta, ao Fardel do Eisiliado do pintor-poeta Luis Seoane que
naceu a finais do 1910 no barrio bonaerense de Montserrat. Seoane mostrou a
súa galeguidade na súa pintura e tamén na súa poesía, pois este pintor tivo
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....97
3Ruiz de Samaniego, A. (2010), «Luis Seoane: a memoria da estirpe», Raigame, núm. 33,
pp. 7-15.
98 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
moito que dicir na letra impresa, cantando sempre a Galicia ou aos galegos do
mundo cos seus problemas, pero tamén como protagonistas, e situándose lonxe
do esteticismo. Verémolo reflectido no seu poema persoal do exilio Dende o
Highland Princess, escrito no outono do ano 1949 cando Luis Seoane, camiño
da Arxentina, mira desde o barco con anguria a costa galega. O Highland
Princess deterase unhas horas en Vigo que Seoane aproveitara para desembarcar
na súa amada terra e ver un grupo de persoas queridas despois de trece anos de
morriña, saudade e loita. Cando as circunstancias, que non a súa vontade, o obri-
gan a partir, o poeta trata de reter dalgún xeito a visión da súa terra que se
afasta e compón Dende o Highland Princess. Non podemos esquecer que este
longo poema persoal está introducido por unha cita de J.Moreno Villa, na cal
Seoane anticipa ao lector a imaxe do home que se vai de Galicia en calquera mo-
mento da súa historia, do home que non o fai porque pode senón que o fai co
pouco que ten e desde logo parece que cousas materiais os galegos tiveron
sempre poucas: «un morral, un cayado y unas tablas de amor». Todos abandona -
ban a terra con anguria, fixémonos en que son as ondas as que os levan e non
eles os que se van polas ondas. Uns vanse por razóns políticas, os exiliados, e
outros por razóns económicas derivadas das políticas, os emigrantes, todos ir-
mandados cos homes doutros pobos e coa firme esperanza de voltar algún día á
súa terra.
Neste poema do exilio o poeta observa a costa galega e mentres se afasta
sen remedio e desagarimado, esquécese case sempre de si mesmo e irmándase
cos seus paisanos reivindicando para eles xustiza e liberdade e facendo ao longo
do poema unha reivindicación xeral ao dereito á dor e á reconstitución dos
recordos, é un poema do exilio con carácter reivindicativo:
…semella
o brazo irmán ergueito, de home ou de muller,
que ao xordo ceo desasperado esixe libertade
e xusticia.
E impregnado de morriña, este poema demostra que hai saudade en
Seoane:
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron, Galicia,
e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
….
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país es-
trano,
Debido á pluralidade do poema, para analizalo ben convén desglosalo en
dous grupos de compoñentes: microestruturas e macroestruturas. Centrarémonos
agora nas primeiras e veremos o plano lingüístico e tamén o técnico-estilístico,
porque a poesía non é só o que o poeta comunica, senón tamén a maneira que
ten de comunicar, é a conxunción do contido semántico e da expresión lingüís-
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....99
tica. Se non temos en conta esta última, o resultado será outro, pero non será
poesía, por iso sempre é necesario facer unha análise deste plano, da forma
lingüística.
Coas figuras de dicción, o noso poeta non muda o significado das palabras
nin pretende espertar sentimentos especiais no lector, pretende conseguir
efectos estilísticos auténticos mediante determinadas disposicións dos sons,
palabras e frases dentro do contexto, tan pretende uns efectos de sonori-
dade. Así, co uso do consonante rconsegue un efecto de forza e de vigor:
rochas sobervas do bruante, aceirado Finisterre
brazo irmán ergueito...
feras verbas...
un día voltarei, derrubado e a vez afirmado …”
E co uso do l e do m logra un efecto de suavidade:
os meus lares familiares...
na miña lembranza,
todo-los homes,
meus irmáns...
Canto ao uso de formas con predominancia de vogais abertas a, e, o, o poeta
transmite ideas obxectivas e claras:
Doorido, dende o combés deste barco, véxote debruzada ao mar.
… mortos teceran no seu corazón, coma nós
xenerosas esperanzas para todol-os homes...
volto cabo un lonxano cabo do mundo...
Mentres que onde predominan as vogais cerradas u, i temos formas subxec-
tivas e abstractas:
libertade e xusticia...
xamáis ditas nin escritas, esquecidas historias...
meu porvir...
Deixando xa a frecuencia fonemática e seguindo coa análise de figuras de
dicción, podemos decatarnos de que Luis Seoane fai uso simultaneamente do
síncope e do apócope coa palabra ár por aire e da epéntese en próisimos por
próximos quizais pola súa vontade de diferenciar a lingua galega da castelá,
tamén encontramos o galicismo vaga por onda que é testemuña do seu coñece-
mento da literatura francesa así como da súa estancia no país galo.
Profunda ademais no campo do ritmo, tornándose este vertixinoso e eterna-
mente circular conseguido principalmente polo uso de encabalgamentos en
cadea e tmese cos que o poeta galego consegue que o lector do poema Dende o
Highland Princess se sinta, xunto co protagonista, no centro dunha situación da
cal parece imposible fuxir:
100 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
Dende o combés de terceira do Highland Princess
vexo a túa costa, Galicia. As rochas sobervas
encabalgamento
do bruante, aceirado Finisterre, que fechan
os meus lares familiares que os avoengos deixa-
ron de protexer.
tmese
I-escoito as voces amaldizoadas dos téus car-
ceeiros
tmese
Vexo coma estadeas percorrer pol-o ár, en rin-
gleiras,
tmese
aos parentes próisimos, aos amigos queridos, mor-
tos,…
tmese
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron, Galicia,
tmese
e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
tmese
da tua terra verde xurdida do océano
pedras venerables,
encabalgamento
irmandados no traballo cos homes doutros pobos
edosos,
encabalgamento
a vagar esquecido e senlleiro entre as somas máis
mestas...
encabalgamento
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....101
No nivel fónico das figuras de dicción temos a repetición dun mesmo son ao
longo dun enunciado imitando a mesma natureza, é dicir, unha onomatopea
coa que Seoane logra un gran efecto de sonoridade: «As rochas sobervas do bru-
ante, aceirado Finisterre,». E se observamos con atención o nivel léxico-semán-
tico veremos que ás veces o poeta aplica adxectivos que lle serven para carac-
terizar o substantivo cunha precisión á vez fermosa e enérxica. Algúns deles
posúen calidade pictórica e fornecen cores á lingua: «vento gris», «claros bal-
bordos», «terra verde», «lares familiares», «desespranzas anguriosas», «longa
noite», «témeras cárceres». Tamén, neste mesmo nivel fai uso da paradiástole lo-
grando fixar a atención do lector:
aos amigos queridos, mor-
tos,
ou si vivos, somidos en espesas, mouras tebras
Doutra banda, logra resaltar a diferenza que existe entre ambas ideas, o
contraste é claro e preciso:
á miña vida pasada, o meu presente vivo e o meu
porvir
que veñen do fundo das túas entranas, aleivosa-
mente feridas,
e isas longas risadas tolas, sombrizas coma ou-
beos
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron Galicia,
e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
Achegándonos ao nivel sintáctico, comprobamos que Luis Seoane en Dende
o Highland Princess transmite calma, serenidade e lentitude entre outras moitas
ideas, a través da supresión de conxuncións, do asíndeto:
Vexo coma estadeas percorrer pol-o ár, en rin-
gleiras,
aos parentes próisimos, aos amigos queridos, mor-
tos,
ou si vivos, somidos en espesas, mouras tebras,
e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
da tua terra verde xurdida do océano, das túas
pedras venerables,
A braquiloxía é tamén utilizada polo poeta, suprime algúns elementos da
frase por se sobreentenderen moi facilmente e por chegar antes onde quere
chegar á denuncia das inxustizas:
102 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
o mesmo que aqueles que, condenados ao silencio
por:
o mesmo que [fixeran] aqueles que...
ou
que veñen do fundo das túas entranas, aleivosa-
mente feridas
por:
que veñen do fundo das túas entranas, [que están] aleivosa-
mente feridas”
Examinado xa o uso que Seoane fai das figuras de dicción, pasamos agora a
comprobar que ocorre coas de pensamento, con estas figuras literarias coas que
o poeta nin muda o significado das palabras nin fornece sonoridade, senón que
os seus efectos estilísticos se basean nas ideas e no contido, tentando influír en
nós, lectores, espertando os nosos sentimentos.
As figuras de pensamento lóxicas resaltan unha idea por riba das demais
salientándoa e atraendo a atención, a alusión e unha das figuras de pensamento
máis utilizadas por Luis Seoane neste poema:
I-escoito as voces amaldizoadas dos téus car-
ceeiros
referíndose aos vencedores da Guerra Civil Española:
e as gargalladas asesiñas dos teus verdugos
os verdugos do réxime de represión e terror, esta figura lóxica centra o lector
na figuras dos vencedores da guerra do 1936:
que ao xordo ceo desasperado esixe libertade e
xusticia
refírese agora á democracia con moita amargura:
feitos crudeles non contados aínda por ninguén,
feras verbas dende entón xamáis ditas nin escritas,
onde, neste caso, o noso poeta recorda a falta de liberdade da prensa e de
publicacións para contar os horrores da guerra, ben como a perda para Galicia de
artistas e intelectuais que trae como consecuencia inmediata un longo tempo de
silencio:
aos parentes próisimos, aos amigos queridos, mor-
tos,
ou si vivos, somidos en espesas, mouras tebras,
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....103
Esta é unha clara alusión aos que perderon a guerra, aos que morreron ou
están no cárcere debido ao conflito:
o mesmo que aqueles que, condenados ao silencio,
aínda viven esquecidos nas túas témeras cárceres
Nestes versos Seoane refírese aos presos políticos, mais non o fai con
rancor, senón con decepción e reproche. Semella que o poder político provoca
fracaso, desesperanza, exilio, emigración, non deixa vivir e o poeta só ten unha
maneira de loitar, escribir denunciando e asemade reivindicando.
Seoane tamén fai uso da lítote neste poema persoal e, por medio dela,
atenúa a afirmación dun feito negando o contrario, teñamos en conta que os
feitos aos que Seoane se refire están ocultos polo réxime político da España do
momento:
feitos crudeles non contados aínda por ninguén,
feras verbas dende entón xamáis ditas nin escritas
Canto á énfase, podemos afirmar que tamén é usada neste poema do exilio,
dando a entender por medio dela máis do que se di ou facendo que compren-
damos o que non se di, quedando claro, xa que logo, cos versos previamente co-
mentados.
As figuras do pensamento impresiónannos, excitan os nosos sentimentos e ás
veces espertan sensacións apaixonadas en nós. Vexamos o uso que Seoane fai
dunha delas, do apóstrofo, desa invocación dirixida con fervor ou vehemencia a
un ser presente ou ausente, real ou imaxinario que sempre impresiona o lector:
Máis un día voltarei, derrubado e a vez afirmado
pol-o tempo,
Diríxese Seoane a unha terra real e presente pero que neses intres para el es
deixando de selo, pois cada vez está máis lonxe de Galicia debido ao exilio. Can-
to máis se afasta o «Highland Princess» da costa, máis sinte o poeta que o pre-
sente se torna algo pasado, nese momento a súa terra é un foi e un será, e tamén
un é que se afasta, porque a vida nunca para, nin o tempo volta atrás. Con todo,
Seoane invoca a súa terra e asegura que voltará, sen esquecer o que lle aconte-
ceu, o seu exilio, pero voltará afirmado polo tempo.
As figuras plásticas son tamén constantes neste poema do exilio de Seoane,
non hai dúbida, pois a súa condición de pintor tamén está presente cando fai
poesía, con estas figuras Seoane esperta a nosa imaxinación ademais de acadar
un estilo vivo e colorido, non hai máis que ver as as vivas descricións e
topografías da paisaxe galega:
vexo a túa costa, Galicia. As rochas sobervas
do bruante, aceirado Finisterre...
104 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
por iste vento gris que agora fostrega a miña fa-
ciana,
o mesmo que fai marmuriar os teus boscos e as
tuas catedrales,
da tua terra verde xurdida do océano, das túas
pedras venerables
E, se buscamos na nosa mitoloxía, atoparemos a máis venerable das nosas
pedras, a que o rei galego Breogán levou a Irlanda cando foi vingar a morte do
seu fillo, esta pedra de granito serviu para coroar os reis desta terra que agora
eran ambos deles descendentes do fillo de Breogán. A pedra do rei galego foi
levada de Irlanda polos escoceses para coroar os seus reis e logo acabou en
Westminster. Os nacionalistas escoceses roubaron a pedra galega de Breogán en
1957 de Londres e levárona para Escocia, e aínda que tiveron que devolvela, os
nacionalistas escoceses seguen a dicir que a pedra que hoxe hai en Westminster
é falsa e que a verdadeira pedra galega está agachada nalgures en Escocia.
Recordábase Seoane desta lenda cando escribía o poema? Non se sabe, pero o
poema fala por si mesmo e non hai ningunha dúbida de que trae á nosa imaxi-
nación a lenda da máis venerable das nosas pedras.Con isto Seoane volta á
reivindicación dunha cultura propia, do noso pasado.
E se prestamos agora atención aos tropos ou figuras de significado, vere-
mos que o noso poeta fai uso do símil ou comparación en Dende o Highland
Princess establecendo unha semellanza entre dous elementos inicialmente dis-
pares:
Cada vaga que se achega ao barco semella
o brazo irmán ergueito, de home ou de muller,
que ao xordo ceo desasperado esixe libertade e
xusticia
Temos un termo real que o poeta ve «cada vaga que se achega ao barco» e
contamos tamén cun termo irreal que Seoane non ve, pero que xurde da súa
imaxinación: «semella o brazo irmán ergueito... xusticia» e por último temos o
lector, nós, que coñecemos o termo irreal e por iso podemos seguir o fío da men-
saxe. Temos outro claro exemplo nos seguintes versos conmovedores:
e isas longas risadas tolas, sombrizas coma ou-
beos
Examinadas xa as figuras literarias das que Seoane fai uso, cómpre ver a
conformación rítmica deste contexto estruturado en forma de poema, da métrica.
Ocuparémonos, por tanto, dos versos e estrofas. Comezaremos por ver os ele-
mentos do verso nos que inflúen acento, rima, cantidade silábica, pausa, ton e
encabalgamentos.
Do acento, un trazo de intensidade, ten que xurdir unha harmonía ou unha
ruptura rítmica segundo a mensaxe que o poeta queira transmitir. Vexamos que
ocorre en:
Dende o combés de terceira do Highland Princess 12
vexo a túa costa, Galicia. As rochas sobervas 14
do bruante, aceirado Finisterre, que fechan… 14
Os acentos estróficos, non xa destes tres versos, senón da maior parte do po-
ema, atopámolos en sílabas de signo par, polo que o ritmo é iámbico, aínda que
encontramos algún que outro verso con ritmo trocaico:
que pol-a túa presenza voltan a miña memoria 15
O que salienta máis respecto do ritmo é que o resto dos acentos dos versos
non son do mesmo signo que o acento estrófico, polo que temos ao longo de
todo este poema acentos extrarrítmicos cos que Seoane fai unha ruptura, algo
lóxico se temos en conta a melancolía e tristura coa que tivo que ser escrito este
poema, mais non só iso, senón tamén a mensaxe ferinte e reivindicativa que o
poeta transmite:
o mesmo que aqueles que, condenados ao silencio,
2 5 10 14 paroxítono
aínda viven esquecidos nas túas témeras cárceres,
2 4 8 11 13 16-1=15 proparoxítono
Pero aínda temos que ter en conta máis datos: a partir do ano 1939 e como
consecuencia dos traumas da guerra, o panorama literario español sofre unha
considerable variación e pode considerarse que a partir deste mesmo ano se pro-
duce unha auténtica ruptura. É evidente o empobrecemento na poesía que se for-
mula nos anos 40 coa perspectiva dunha España franquista, por iso non ten
que nos estrañar que non encontremos rima en Dende o Highland Princess e que
a versificación sexa irregular, que encontremos que os versos teñen distinto
número de sílabas. Non é difícil ver que este poema de arte maior, poliestrófico
e anisométrico está dominado por un ton narrativo, pois parte directamente
dunha realidade visible, polo que para algúns críticos literarios podería ser con-
siderado como unha especie de «poema reportaxe».
Seguindo dentro das microestruturas, podemos asegurar que Seoane en-
cadeou os significantes para alcanzar modificacións deliberadas. O léxico que
representa o microcosmos do campo referencial pode agruparse ao menos nos
catro dominios establecidos por E. A. Nida4:
(1) Entidades ou obxectos:
a. Contables: «o combés de terceira», «Highland Princess», «Gali-
cia», «as rochas», «Finisterre», «cada vaga», «barco».
4E. A. Nida,(1975), Componential Analysis of Meaning, La Haya, Mouton, p.175.
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....105
106 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
b. Non contables: «túa costa», «o mar», «do océano», «tebras», «ár».
(2) Acontecementos, accións ou procesos: «vexo», «que fechan», «deixaron
de protexer», «I-escoito», «esixe», «feitos crudeles».
(3) Calidades abstractas: «as voces amaldizoadas», «gargalladas asesiñas»,
«libertade e xusticia», «desespranzas anguriosas», «mestas», «gloria
popular antiga».
(4) Cantidade: «xamáis», «para sempre», «longa noite», «un día voltarei».
As categorías lexicais constitúen campos semánticos, macrosignos, e dentro
do dominio das entidades deste poema podemos establecer campos conceptuais.
Os substantivos son elementos dinamizadores polo seu rango primario e inde-
pendente que ocupan no sistema lingüístico, mais, con todo, en Dende o High-
land Princess este dinamismo vese freado pola abundancia de modificadores que
transmiten sentimentos ferintes e de tristura, sentimentos de desesperanza:
feitos crudeles non contados aínda por ninguén,
feras verbas dende entón xamáis ditas nin escritas,
esquecidas historias de noxías desespranzas an-
guriosas
ou:
escoite ises claros, grandes, balbordos anceiosos
que veñen do fundo das túas entranas, aleivosa-
mente feridas,
e isas longas risadas tolas, sombrizas coma ou-
beos.
Tamén os sintagmas preposicionais frean o dinamismo para centrar a aten-
ción do lector no que se está a dicir. Vexamos algún exemplo:
xenerosas esperanzas para todol-os homes, novos
pensamentos
e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
irmandados no traballo cos homes doutros pobos
edosos
a vagar esquecido e senlleiro entre as somas máis
mestas
Canto aos verbos, é ben sabido que envolven a noción de temporalidade, que
expresan accións perfectivas: espeliron, sumiran (pretérito e antepretérito, re-
spectivamente) ou imperfectivas, a intransitividade de certos procesos : «voltan»,
«viven», «veñen», «saín», «volto», «voltarei», «andan». Ao longo de todo o po-
ema, Seoane lamenta o que acontece no presente a causa dos feitos que ocor-
reran no pasado, porén ten unha mudanza total de actitude ao se referir ao futuro,
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....107
un futuro cheo de ilusión e esperanza da que el espera gozar na súa terra galega:
«voltarei».
Pero as unidades máis amplas poden materializarse nos «campos lingüísticos
de palabras», estes inclúen os campos morfolóxicos e sintácticos e estrutúranse
en campos lingüísticos de ideas que centran as mensaxes máis marcadas no
poema:
1. En relación co tema da opresión: «deixaron de protexer», «as voces
amaldizoadas», «carceeiros», «gargalladas asesiñas», «verdugos», «de-
sasperado», «feitos crudeles non contados aínda por ninguén», «feras
verbas», «xamáis ditas nin escritas», «somidas en espesas, mouras
tebras», «condenados ao silencio», «témeras cárceres», «aleivosamente
feridas»…
2. En relación co tema do exilio: «o combés de terceira do Highland
Princess», «desagarimado saín da longa noite en que te sumiron, Gali-
cia», «volto cara un lonxano cabo do mundo», «un país estrano», «homes
doutos pobos», «máis un día voltarei», «erraneos coma eu, andan es-
parexidos pol-o mundo»…
3. En relación cos tema da esperanza e da reivindicación: «o brazo irmán er-
gueito», «esixe libertade e xusticia», «xenerosas esperanzas», «novos
pensamentos», «máis un día voltarei»…
4. En relación co tema da amizade, da familia e da irmandade: «os meus
lares familiares», «os avoengos», «aos parentes próisimos», «aos amigos
queridos», «irmandados…cos homes doutros pobos»…
No concernente aos enunciados, hai que dicir que son na súa maioría com-
plexos. Así, por exemplo, o segundo verso estruturado como cláusula de relati-
vo inicia o primeiro enunciado complexo:
… As rochas sobervas
do bruante, aceirado Finisterre, que fechan
os meus lares familiares que os avoengos deixa-
ron de protexer.
Cara ao final do poema, nos versos 45-47, atópase outra das oracións com-
postas coa cláusula concesiva introducida por e aínda que anuncia unha restri-
ción, e coa cláusula espacial introducida por onde que anuncia distancia, un lu-
gar moi lonxe da terra amada do poeta:
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron, Galicia,
e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
da tua terra verde xurdida do océano, das túas
pedras venerables,
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país es-
trano,
108 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
onde outros fillos teus, meus irmáns, erguen ci-
dades,
irmandados no traballo cos homes doutros pobos
edosos,
a vagar esquecido e senlleiro entre as somas
máis mestas.
Unha vez analizado xa todo aquilo concernente ás microestruturas, podemos
xa por tanto determinar a estrutura, que neste caso é, sen lugar a dúbidas, de adi-
ción, pois o poeta comeza cunha idea, a da dor e a tristura presentes polo exilio,
a do seu afastamento progresivo da terra que ama, e remata coa idea da esper-
anza da volta no futuro, non só del, senón tamén dos outros exiliados. Dáse en
Seoane coma en poucos poetas, unha irmandade universal, a súa voz identifícase
con todas as voces dunha sorte de memoria colectiva que Seoane reclama trans-
mitindo o orgullo dunha historia propia, buscando as raíces. Reivindica Galicia,
a liberdade e a xustiza para as súas xentes estean onde estean en contraposición
coa realidade de seu na distancia e dos seus paisanos a viviren cos seus «verdu-
gos».
Unha vez determinada a estrutura deste poema persoal do exilio compre ex-
aminar as macroestruturas, o importante agora é que hai que establecer a orga-
nización textual e podemos comprobar que o poeta dirixe a mensaxe polo menos
en dúas direccións:
1. Manifesta a súa actitude ante a opresión que ten como consecuencia di-
recta o sufrimento nas súas dúas vertentes, o exilio noutras terras ou a
submisión na terra propia:
Decontado espiliron ellas na miña lembranza,
feitos crudeles non contados aínda por ninguén,
feras verbas dende entón xamáis ditas nin escritas,
esquecidas historias de noxías desespranzas an-
guriosas…
2. Expresa a finalidade da mensaxe que transmite:
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país es-
trano,
onde outros fillos teus, meus irmáns, erguen ci-
dades,
máis un día voltarei, derrubado e a vez afirmado
pol-o tempo,
en mpoitedume,
con todol-os que erráneos coma eu andan espare-
xidos pol-o mundo
Seoane, deixa claro ao longo de todo o poema que a finalidade dos seus ver-
sos é unha mensaxe non só de condena, senón tamén de esperanza e de ilusión,
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....109
unha mensaxe de que todo se acaba e, certamente, refírese á inxustiza, á opresión
e ao exilio. Por cada cousa nova sempre hai algo que deixamos atrás e o noso
poeta transmite a idea de que algún día as inxustizas pasarán, se cadra en tempos
de democracia. O poeta aproveitará xunto con outros exiliados para voltar, esa é
a súa idea cando compón Dende o Highland Princess.
Dentro do campo lírico establécese unha correlación de subxectividade entre
o poeta e o ti «Galicia» do poema, pois é a falla dela, a saudade, a morriña por
Galicia, a forza inspiradora deste poema, a figura central é a terra galega e os
galegos do mundo, vivos ou mortos, sometidos aos seus carcereiros ou exiliados,
para quen o poeta pide liberdade, sempre con esperanza aínda que moi dorido e
desagarimado, só pide o xusto, para cada un o que lle pertence, un trato xusto,
non máis.
Respecto ás funcións cardinais de Dende o Highland Princess, podémolas
resumir dicindo que son as emocións, os sentimentos e a paixón pola súa terra e
pola súa xente. Non remataremos sen antes engadir que na área da conflitividade
axial destacan as seguintes categorías:
1. Presente-futuro:
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron, Galicia
máis un día voltarei
2. Negación-afirmación:
derrubado e á vez afirmado
3. Presenza-ausencia:
… dende o combés deste barco, véxote de-
bruzada ao mar.
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país es-
traño”
4. Aceptación-rexeitamento:
“e aínda sentindo orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
escoito ises claros, grandes, balbordos anceiosos
que veñen do fundo das túas entranas…
e isas longas risadas tolas, sombrizas coma ou-
beos”
5. Amizade- inimizade / amor-desamor:
aos parentes próisimos, aos amigos queridos,
I-escoito as voces amaldizoadas dos téus car-
ceeiros
6. Opresión-liberdade:
…aínda viven esquecidos nas túas témeras cárceres
Máis un día voltarei…
7. Contrato-ruptura:
Máis un día voltarei, derrubado e a vez afirmado
pol-o tempo
os meus lares familiares que os avoengos deixa-
ron de protexer.
E con toda esta dor, o pintor-poeta reivindica a dignidade e a prioridade da
protesta mentres o lector se sobrecolle pola visión da terra personificada «pol-a
túa presenza» mentres se afasta no Highland Princess «cara un lonxano cabo do
mundo».
A PINTURA
Tomando coma pretexto o poema ata aquí analizado, atopamos versos e
frases que teñen a súa imaxe proxectada na pintura de Seoane, que traslada as
mesmas angurias, denuncias e proclamas dende as letras aos pinceis e plás-
maos nos lenzos que se enchen de símbolos que non son máis que un grito de
liberdade e de xustiza para o seu pobo. Pero vaiamos por orde:
Dende o combés de terceira do Highland Princess
vexo a túa costa, Galicia. As rochas
do bruante, aceirado Finisterre, que fechan
os meus lares familiares que os avoengos deixaron de protexer.
Son os destes primeiros versos do poema os mesmos mares rabiosos, bravos,
que logo, Luis Seoane imprime nos lenzos. Ollando Mar bravo (1964) o espec-
tador atópase innegablemente ante a costa galega do poema, sen saber se no Fin-
isterre ou non, pero está claro que é o mar que baña Galicia, un mar perfecta-
mente ilustrado a partires das ondas mariñas que xiran sobre si mesmas
semellando simbolicamente un remuíño sen principio nin final, sen saída nin
chegada, coma a dura vida dos galegos tanto os que coma el sufriron o inxusto
exilio coma os que ficaron nunha terra sen liberdade.
110 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
5O fauvismo, vangarda francesa de principios do século XX (1905-1908) foi un movemento
pictórico caracterizado por un emprego provocativo da color. O seu nome procede do cualificativo
fauve (=fera).
Na composición da paisaxe o debuxo non existe e a cor o domina todo coa
súa forza e potencia, cores irreais que beben do sentimento fauve5que tiña
como máxima destacar a súa capacidade sensorial. Seoane pinta con total inde-
pendencia e liberdade levando o uso da cor ata o extremo, igual que farían os
vangardistas franceses, para pintar este mar de Seoane as cores se converten nas
protagonistas, dominando a expresividade por encima da claridade compositiva
ou a orde.
I-escoito as voces amaldizoadas dos teus car-
ceeiros
e as gargalladas asesiñas dos teus verdugos.
O pai da abstracción en Galicia sofre como causa da Guerra Civil exilio
político dende o ano 1936, pero a pesar de vivir na emigración, as súas obras
terán sempre un compromiso social e político con Galicia. Reivindica xustiza
coas clases máis humildes e o fará sempre través de óleos onde aparece a
muller6.
En pranto pola muller caída a protagonista é unha muller que cae abatida
polos seus verdugos. O pintor, que xa retornou do exilio, non poderá nunca es-
quecelo e sobre todo non pode esquecer o terror e o absurdo da guerra, da
fame, da posguerra e da tiranía da ditadura.
É, xa que logo, esta unha das obras máis duras de Seoane que fala da memo-
ria historia, trátase dunha homenaxe aos mortos na guerra entre irmáns, pero
tamén aos que non morreron e non puideron marchar e refacer a vida coma el,
aínda que fose lonxe da súas raíces.
A liña ten aquí máis importancia que na peza anterior, sendo as liñas curvas
as reinantes, que dun xeito case opresivo se deslizan cara á muller que morreu e
xace no chan. Obra a medio camiño entre a figuración e a abstracción, nesta
ocasión Seoane séntese máis próximo ao cubismo e ao expresionismo, optando
o por figuras xeométricas como liñas ovais, rectángulos e cubos como base da
composición. Rompe así coa iconografía e estética clásica para este tipo de
obras dando unha visión tan distinta e radical que consegue conmocionar e
emocionar o espectador.
Cada vaga que se achega ao barco semella
o brazo irmán ergueito, de home ou de muller
que ao xordo ceo desasperado esixe libertade e
xusticia.
…aos parentes próisimos, aos amigos queridos, mor-
tos,
ou si vivos, somidos en espesas, mouras tebras,
e acarón deles sinto que se xunguiron para sempre
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....111
6Non só lembra aos desastres da guerra, posguerra e ditadura a través de obras protagoni-
zadas por mulleres. O óleo O proceso de Burgos (1971), é toda unha lección da historia máis re-
cente de España sintetizado nunha soa imaxe.
á miña vida pasada, o meu presente vivo e o meu
porvir.
Nestes versos Luis Seoane expresa o seu sentimento, dor e sobre todo rabia
e ansia de loitar por unha Galicia libre. Estes versos que deixou escritos no ano
corenta e nove tristemente seguen en vigor e están presentes nunha peza pintada
en 1975: Cristo obrero para o cóengo Manuel Espiña7. Un marxista convencido
coma Seoane entende a representación gráfica da redención da humanidade a
través dun Cristo crucificado, pero vestido como obreiro.
A metáfora ten a súa explicación, pois a cruz simboliza, por un lado, o
eixe de comunicación entre o ceo e a terra, pero tamén os brazos son símbo-
lo dos catro puntos cardinais e dos catro elementos8. Evidentemente a cruz é
o atributo distintivo da Paixón de Cristo, do seu sacrificio polos homes, e
serve a Seoane para expresar a angustia que sofre por todo o pobo galego que
vive sometido. Esta cruz do lenzo non é a de Xesús sufrindo, é a imaxe de to-
dos os galegos das clases máis humildes, pois o pintor entende que a li -
beración do pobo pasa polo sufrimento e o traballo, representados na cruz e
no obreiro.
Desagarimado saín da longa noite en que te sumi-
ron, Galicia,
e aínda sentido orgulo da tua gloria popular, an-
tiga,
da tua terra verde xurdida do océano, das túas
pedras venerables,
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país es-
trano…
Quen fala é o emigrante obrigado a irse da terra con dor e desexo de voltar.
Luis Seoane coñece eses sentimentos e dedica varias pinturas á emigración.
Emigrante esperando e A emigrante (1967). Un home, O emigrante es-
perandoe unha muller –A emigrante– marchan e esperan o retorno á terra
que os viu nacer. Ambos cun cartaz no peito, sendo o da muller especial-
mente conmovedor, pois indica que é analfabeta e, por riba, nun país estraño.
É sen dúbida a peza máis significativa que o autor dedica á emigración, se ben
lonxe de buscar o melodrama, Seoane optou, non por retratar a unha pobre e
desvalida muller, senón que, pola iconografía utilizada, mostra a solidez e va-
lentía da muller, ben como a esperanza que converte ademais en alegoría dun
futuro mellor para os máis desfavorecidos. Ambas as pezas, pintadas cunha
aparente sinxeleza compositiva, tórnanse símbolos da crueza e da tristura do
exilio, pero por riba de todo, da esperanza, que Seoane plasma en dúas figuras
112 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
7Manuel Espiña Gamallo foi amigo persoal de Seoane e o primeiro sacerdote que oficiou
misa en galego.
8Os catro elementos son terra, lume, aire e auga. Battistini, M. (2008), Símbolos y ale-
gorías, Electa, p. 144.
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....113
expresivas, silenciosas, pero tamén monumentais, fiel reflexo da dura vida que
lles tocou e á que se enfrontan serenamente.
Por fin Seoane remata o poema cuns versos de esperanza:
Máis un día voltarei, derrubado e a vez afirmado
pol-o tempo...
Rastrexando na obra pictórica de Luis Seoane, a peza que mellor reflicte
estes versos de esperanza é Noticias dos homes (1969), lenzo protagonizado por
tres mulleres que falan dos seus homes posiblemente emigrados ou embarcados,
mentres esperan polo barco, ese Highland Princess que ten que voltar algún día
cos seus homes.
Por centésima vez na obra pictórica de Seoane, o papel principal é das mu-
lleres, nas que os esquemáticos rostros amosan tedio e monotonía nas vidas que
non parecen ter moitos alicientes, pero que contrastan coas cores alegres e a se-
guridade que denotan eses monumentais corpos, unidos pola fala e tamén pola
composición en semicírculo, metáforas novamente da esperanza do retorno.
CONCLUSIÓNS
Como conclusión, só queda dicir que o poema Dende o Highland Princess é
un torrente de denuncias políticas, históricas e sociais, de desesperación e tamén
de reivindicacións culturais e económicas, aínda que tamén de ilusión polo que
aínda está por vir. É este un poema escrito en versos libres, longos e desorde-
nados, cuns vocábulos relacionados cos temas da denuncia, do amor, do exilio e
da opresión. O poema contén denuncia social e política porque é un reflexo do
mundo tal como Luis Seoane o viviu no outono do ano 1949 cando se afastaba
da súa terra e non precisamente pola súa vontade. Este mundo que Seoane viviu
quizá lle fixo sentir cansazo ante os elegantes exercicios estéticos da poesía e por
iso, debido a anguria e a desesperación, renunciou a moitas das ambicións de
que é capaz a poesía. Porén, a modestia do seu poema brota dunha dolorosa con-
ciencia das circunstancias históricas de Galicia e, por iso, unha boa parte dos
seus versos son de reivindicación. Xa dixera Celaya en 1952 que a poesía era
«un instrumento, entre otros, para transformar el mundo» e poida que algo así
acadase Seoane con nós, lectores. Poida que considerase que tiña como deber re-
nunciar a consideracións estéticas con obxecto de romper o silencio e denunciar
a inxustiza con palabras claras e directas. No entanto, os poemas de Seoane,
igual que os de outros poetas da súa época que comparten características con el
como Dámaso Alonso, Celaya ou Rosales, non puideron transformar o mundo
nese momento histórico e os resultados non foron moi positivos para a súa arte,
de feito a Luis Seoane coñéceselle máis como pintor que como poeta. Aínda que
isto sexa así, nas elites académicas coñécese ben a faceta poética de todos estes
homes.
Seoane podería ser relacionado coa «poesía social» por ser un instrumento ás
veces de protesta política e reivindicación social, ademais de por cumprir co seu
deber social a expensas da súa arte. Non obstante isto, non é totalmente exacto e
114 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
podemos afirmar que este é un poema que comparte algunhas características coa
poesía social, pero tamén con outras tendencias, polo que podemos afirmar que
Seoane é «un precursor descoñecido9». A súa poesía sobrevivirá non só por ser
unha testemuña da historia, senón polas razóns polas que a poesía sobrevive
sempre: por estar ben escrita.
Aínda que o estilo de Seoane sexa prosaico, acada porén moita forza nas
súas afirmacións e consegue transmitir intuicións que son emocional e intelec-
tualmente convincentes ou iluminadoras. Neste poema, non só do exilio. senón
tamén moi persoal, Seoane sabe como organizar a expresión dos sentimentos
nunha forma poética moi reveladora.
Din que a poesía só se completa cando chega ao seu destinatario e, por er-
roneamente, cremos ás veces que todos os autores desexan que os seus desti-
natarios sexan moitos, mais neste poema, o público ao que se dirixe Seoane é
moi restrinxido, reducible aos exiliados, emigrantes e non a todos os galegos que
viven en Galicia, tan só aos que senten o esmagamento da emigración e do ex-
ilio. Até neste poema en particular poderiamos pensar en certos momentos que o
destinatario do poema é o propio Seoane que se contempla a si mesmo irreme-
diablemente afastándose da súa terra e da súa xente.
Dende o Highland Princess é un poema humanizado no que Seoane relega a
segundo termo algúns valores fundamentais como, por exemplo, o esplendor for-
mal substituíndoo por unha poesía opaca, obsesionada polo tema de Galicia e da
xustiza para a súa terra, próxima ás reivindicacións precisas, coma se o que
definise este poema fose unha consciencia da inxustiza que torturase a Seoane
neses intres.
O poeta galego Seoane fala do seu, da súa patria, da dor que sinte ao se
afastar inevitablemente, é en certa maneira e, por un lado, unha biografía históri-
ca do trauma do exilio en Galicia e da emigración. Seoane ve a súa terra ao ou -
tro lado do mar e, non podendo tocala xa por moito tempo, apértaa contra o seu
corazón e narra nun sinxelo poema a realidade dese intre dramático para si
mesmo sen esquecer nin por un intre a solidariedade. É un poema que reflicte a
anguria do exiliado, a ameaza política presente na súa terra galega e a preocu-
pación pola súa xente. Non esquezamos, porén, o optimismo de Seoane, pois, ao
final do poema, a esperanza mestúrase coa emoción que o poeta sente ante a
posibilidade futura de poder voltar á súa terra algún día. Advírtese aquí unha ver-
tixinosa ondada, pois todo neste poema esperta unha auténtica e particular emo-
ción chegando a reflectir a alma do poeta, desde a evocación de homes e
mulleres de Galicia, até as «alucinacións» reivindicativas. Seoane logra un po-
ema de emocionada e ferinte poesía sen se suxeitar a canons e mesmo agradece
que consideren os seus poemas como relatos.
A concepción do mundo para Seoane era que todos os homes e mulleres
puidesen vivir o mellor posible en todas as partes e por iso escribe e pinta da súa
terra, para que quedase constancia. «En Galicia, Seoane como poeta, fue el
primero en levantar la voz de protesta y uno de los artífices del renacimiento
artístico gallego» (Sucarrat 1977), e debido a isto e á súa constante loita da que
DICINDO ADEUS A GALICIA DENDE O HIGHLAND PRINCESS: UNHA ANÁLISE....115
da fe este poema do exilio, así como ás súas obras literaria e pictórica a voz do
noso poeta xa non calará endexamais.
Do mesmo xeito que o poema, a obra pictórica de Seoane materializa en
imaxes denuncias políticas, históricas e sociais. Hai certamente tristura, deses-
peración, loita, pero tamén esperanza por un futuro mellor.
Unha década marcará esencialmente a súa traxectoria pictórica é a dos cin-
cuenta, anos nos que deriva o seu estilo cara á abstracción e a xeometrización.
Coa chegada dos sesenta, reduce todo a esquemas, cor e liña son autónomos,
sempre pintando con cores intensas, debuxando esquematicamente con grosos
trazos negros e con indiscutibles vinculacións estilísticas coas vangardas, dende
os fauves ao expresionismo e ao cubismo.
Con eses anos coinciden as obras que mellor se adaptan ao poema analizado
Dende o Highland Princess. Na temática, os traballos dos máis humildes, están
presentes, tamén o mar e certamente a emigración, a guerra, ou a posguerra sem-
pre pintados cunha estética afastada do folclorismo e do melodrama. Seoane vin-
cula a arte á realidade da vida e, por iso, a pintura ten que servir de denuncia e
ter unha utilidade para mellorar a vida dos galegos. Todo o exposto –tema, lin-
guaxe e estilo– resúmese en Galicia, ese será o tema final e o seu compromiso
social, político e cultural: o seu país. Reivindica por riba de todo a xustiza e faino
a través de óleos onde aparece o emigrante, o campesiño, o mariñeiro, o obreiro
e a muller que son a grande esperanza para a liberación da súa patria.
BIBLIOGRAFÍA
Battistini, M. (2008) Símbolos y alegorías, Barcelona, Electa.
Díaz, X. (1997) «Seoane: Galicia desde América». Galicia Terra Unica. A
Galicia exterior, Santiago, Xunta de Galicia.Pp.243-251.
Donega, M. (1970) Castelao e Luis Seoane . La Voz de Galicia, 15-5-70.
Fernández del Riego, F. (1994) Luis Seoane desde a memoria, A Coruña, Moret.
López Vázquez, J. M. (1993) «Da II República ó proxecto de estabilización»,
Galicia Arte, A Coruña, Hércules. Volumen XV. Pp. 256-319.
Losada, B. (1972) Poetas gallegos contemporáneos, Barcelona, Seix Barral.
Nida, E. A. (1975) Componential Analysis of Meaning, La Haya, Mouton,
p.175.
Ortiz, E. (1994) A mensaxe dun emigrante. Luis Seoane. Compromiso e paixón
creadora. A Nosa Terra, Vigo.
Pallarés, P. (1994) Poemas no fardel dun exiliado. Luis Seoane. Compromiso e
paixón creadora. A Nosa Terra, Vigo.
Pérez Rodríguez, M.A. (2001) «Migración, arte y exilio». Migratio, revista do
CEPAM, número 2. [Publicación en línea]. [Consulta: 13-03-2012].
Ruiz de Samaniego, A. (2010) «Luis Seoane: a memoria da estirpe», Raigame,
núm. 33, pp.7-15
Seoane, L. (1977) Obra Poética. Edicións do castro, A Coruña.
Sucarrat, F. (1977) Luis Seoane, su obra poética y su importancia en la liter-
atura gallega actual. A Nosa Terra, Vigo.
Xulio, C.(1994) Luis Seoane. A forma da patria. Espiral Maior, A Coruña.
116 ELENA ALFAYA LAMAS, Mª DOLORES VILLAVERDE SOLAR
ResearchGate has not been able to resolve any citations for this publication.
«Seoane: Galicia desde América». Galicia Terra Unica. A Galicia exterior
  • X Díaz
Díaz, X. (1997) «Seoane: Galicia desde América». Galicia Terra Unica. A Galicia exterior, Santiago, Xunta de Galicia.Pp.243-251.
Castelao e Luis Seoane
  • M Donega
Donega, M. (1970) Castelao e Luis Seoane. La Voz de Galicia, 15-5-70.
Luis Seoane desde a memoria
  • F Fernández Del Riego
Fernández del Riego, F. (1994) Luis Seoane desde a memoria, A Coruña, Moret.
«Da II República ó proxecto de estabilización»
  • López Vázquez
López Vázquez, J. M. (1993) «Da II República ó proxecto de estabilización», Galicia Arte, A Coruña, Hércules. Volumen XV. Pp. 256-319.
Poetas gallegos contemporáneos
  • B Losada
Losada, B. (1972) Poetas gallegos contemporáneos, Barcelona, Seix Barral.
A mensaxe dun emigrante. Luis Seoane. Compromiso e paixón creadora. A Nosa Terra
  • E Ortiz
Ortiz, E. (1994) A mensaxe dun emigrante. Luis Seoane. Compromiso e paixón creadora. A Nosa Terra, Vigo.
Poemas no fardel dun exiliado. Luis Seoane. Compromiso e paixón creadora. A Nosa Terra
  • P Pallarés
Pallarés, P. (1994) Poemas no fardel dun exiliado. Luis Seoane. Compromiso e paixón creadora. A Nosa Terra, Vigo.
«Migración, arte y exilio». Migratio, revista do CEPAM, número 2. [Publicación en línea]
  • Pérez Rodríguez
Pérez Rodríguez, M.A. (2001) «Migración, arte y exilio». Migratio, revista do CEPAM, número 2. [Publicación en línea]. [Consulta: 13-03-2012].
«Luis Seoane: a memoria da estirpe», Raigame, núm
  • A Ruiz De Samaniego
Ruiz de Samaniego, A. (2010) «Luis Seoane: a memoria da estirpe», Raigame, núm. 33, pp.7-15