Conference PaperPDF Available

Informe Orquestras de Galicia 2011/2012 (As orquestras) (Live party bands from Galicia Report 2011/2012)

Authors:

Abstract

Actualización do estudo "Do palco ó escenario" O número de formacións musicais das que temos ata o momento constancia de actuacións entre xaneiro do 2010 e o primeiro cuadrimestre do 2013 ascende a 624; este número probablemente aumentará debido a que este traballo ten unha actividade continua de recollida de datos. Do número total de formacións contabilizadas ata o momento temos datos sobre 344 con respecto dos xeitos de contratación que seguen: ben traballan con algún axente en exclusiva, ben son independentes ou resultou imposible saber o xeito de contratación a pesar de telo procurado.
3375
Informe Orquestras de Galicia 2011/2012 (As orquestras)
Fandiño Alonso, Xaime; Regueira Rey, Carlos; López Pena, Zósimo
(Universidade de Santiago de Compostela)
xaime.fandino@usc.es; carlos.regueira@usc.es; zosimo.lopez@rai.usc.es
1. Estado da investigación sobre as formacións galegas de música de verbena
O número de formacións musicais das que temos ata o momento constancia de actuacións
entre xaneiro do 2010 e o primeiro cuadrimestre do 2013 ascende a 624; este número
probablemente aumentará debido a que este traballo ten unha actividade continua de recollida
de datos. Do número total de formacións contabilizadas ata o momento temos datos sobre 344
con respecto dos xeitos de contratación que seguen: ben traballan con algún axente en
exclusiva, ben son independentes ou resultou imposible saber o xeito de contratación a pesar
de telo procurado. Os datos quedan recollidos na táboa seguir:
Táboa 1: oficinas de contratación de formacións musicais de verbena en Galicia no ano 2013
Oficina
Número de orquestras
Independentes ou que traballan
con máis dun representante
155
Espectáculos Lito
61
Galicia espectáculo / Alvar
36
Sito Mariño
31
Lugo Norte
24
Descoñecidas
22
Día y Noche espectáculos
9
Noite Meiga
3
Zona Chan
1
Siglo XXI
1
Mavi Espectáculos
1
TOTAL
344
Fonte: elaboración propia
Resulta significativo que a maioría das formacións independentes son tríos e dúos así como
algúns grupos.
Hai que indicar que notamos a existencia de orquestras non profesionais que están
formadas no seo de asociacións culturais como a Acapa Show ou a orquestra Stelar son. No
caso desta última o seu nacemento parece ter relación co efecto da crise económica e a falta
de recursos por parte das comisións de festas: "A nosa é unha asociación cultural sen ánimo
de lucro, fundada como orquestra para axudarlles as comisións de festas con menos recursos,
que non poden facer as súas festas coas orquestras habituais".
53
53
Redacción. 'Festa con ritmos solidarios', noticia de
http://elprogreso.galiciae.com/nova/192253.html?lang=es consultada a 30 de abril de 2013.
3376
As actuacións destas formacións é interpretada como un xeito de concorrencia desleal
54
fronte
a formacións compostas por profesionais que cotizan á Seguridade Social por traballaren nas
verbenas.
2. A crise fai que se formen máis dúos e tríos disgregados de formacións máis
numerosas
Dos datos obtidos e das declaracións de integrantes do sector
55
despréndese a que crise
económica propiciou a aparición de moitas formacións cun número de integrantes reducidos
como dúos ou tríos. En moitos casos non se trata de novos profesionais que chegan a este
complexo mundo das verbenas, senón que son artistas membros de formacións maiores que se
presentan como unha oferta alternativa para cando unha comisión de festas non ten orzamento
suficiente para contratar un grupo con máis compoñentes.
Algúns exemplos son os grupos Iris ou Meneíto, que se poden contratar tamén como trío e
dúo; Ale y Alex, que é un dúo conformado polos cantantes do grupo Ceniza ou o Trío
Escobar, que pode funcionar como dúo.
O troco de metodoloxía aplicada neste estudio propiciou que se obteñan datos que reflicten un
número superior de dúos e tríos con respecto do estudio do 2010, que ascende polo momento
a 78 tríos e 118 dúos. Nalgúns casos, chama a atención que como argumentación de venta da
actuación dalgún dúo apareza o texto “se da factura”
56
.
3. A crise e os caches das orquestras
Xa no estudio realizado sobre o 2010, facíamos referencia á dificultade de acadar os cachés
das orquestras por parte das oficinas dos representantes. Despois das enquisas feitas no
traballo académico anteriormente mencionado, pódese interpretar que as oficinas de
contratación ofrécenlle aos axentes de zona un valor determinado polas orquestras. É posible
que os axentes de zona lle apliquen unha comisión sobre o valor que lles ofreceron a oficina
de representación e é posible que se estableza unha negociación entre o vendedor (axente de
zona) e o comprador (posiblemente, unha comisión de festas) onde o vendedor consiga un
beneficio diferente pola mesma orquestra en lugares diferentes de actuación.
Temos o coñecemento do caché de 55 formacións musicais en 8 datas diferentes entre o 2011
e o 2013. Polo de agora temos os datos económicos só dunha oficina de contratación que pode
servir como unha mostra de estudio para apreciar algún troco significativo entre os prezos das
orquestras entre o 2011 e o 2013.
Pódese apreciar que as orquestras grandes ou de marca xa fixada seu cache non diminúe dun
xeito tan chamativo. Temos rexistrado un descenso do caché dun 21,7% dende unha data dun
sábado de xullo de 2011 a unha data dun sábado de agosto de 2013 para este tipo de
formacións.
No caso das formacións medianas, estas parecen ser as máis afectadas polo descenso de caché
rexistrándose descensos dende o 34% ao 46% dende o 2011 ata o 2012. A esto, como a todos
os sectores industriais habería que sumarlle a suba do IVE a finais do ano 2012, o que
54
Franco, Camilo. 'Cultura dice no tener competencias para regular las orquestas de baile'. Consultada en
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/12/13/0003_201112G13P37991.htm o 30 de abril de 2013.
55
Pato, Alfonso. 'La verbena cambia de cartel', consultada a 30 de abril de 2013 en:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/15/galicia/1345058036_370920.html
56
https://www.facebook.com/duofiestas.arribas
3377
incrementa o custe dos carburantes
57
de cara ás formacións musicais de verbenas e ás
comisións de festas aféctalle a subida do IVE no caché das orquestras.
4. Cambio de número de axencias de espectáculos
Con respecto do informe anterior, recóllese unha nova oficina de contratación de orquestras
chamada Galicia Espectáculo, creada no ano 2012 e, agora, en asociación coa oficina
Espectáculos Alvar.
Na súa listaxe atópase a posibilidade de contratar 36 orquestras, unha das cales é a orquestra
Olympus (anteriormente vinculada á empresa Espectáculos Lito).
5. Homes e mulleres profesionais na industria da verbena galega
De 624 formacións sabemos:
Táboa 2: Número de profesionais por formacións musicais de verbena en Galicia
O número de integrantes de 296 formacións
1.973
O número de integrantes mulleres de 277 formacións
488
O número de integrantes homes de 277 formacións
1.395
O número de cantantes homes de 197 formacións
259
O número de cantantes mulleres de 197 formacións
320
O número de técnicos de 24 formacións
76
Fonte: Elaboración propia
6. Maior presencia nas redes sociais
De 624 formacións contabilizadas sabemos que 102 teñen páxina web, pero 30 dos enderezos
achegados polo afiche, representante ou outros medios, non funcionan. Pese a isto, e
posiblemente debido á gratuidade e á fácil actualización de información por parte dun usuario
cuns nimos coñecementos de Internet, o número de perfís en redes sociais e moito máis
elevado que o de páxinas web, xa que de 624 formacións sabemos que 182 teñen perfil na
rede social Facebook.
7. A orquestra Panorama en Telecinco
Aínda que na Televisión de Galicia é habitual a aparición de orquestras de verbena tanto en
programas de variedades como Luar ou en especiais como o realizado sobre Verbenalia,
parécenos importante indicar que no ano 2012 a orquestra Panorama protagonizou o “minuto
de ouro” da Noitevella en Telecinco
58
, o que supuxo que unha orquestra de verbena galega
estivera incluída na grella de programación dunha canle con emisión en todo o territorio
57
Nótese que o camión ou tráiler escenario é o medio máis utilizado polas orquestas galegas de verbena. Unha
orquestra grande coma a Panorama move 4 trailers en cada actuación de exterior e no verán pode ter máis de 100
actuacións pola xeografía galega, por León e Asturias. Unha orquestra mediana como Fania Blanco Show move
2 camións e 1 microbús.
58
Franco, Camilo. 'La Panorama protagonizará en Nochevieja el minuto de oro de Telecinco tras las
uvas'. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2012/12/16/panorama-protagonizara-nochevieja-minuto-
oro-telecinco-tras-uvas/0003_201212G16P74996.htm a 30 de abril de 2013.
3378
español e fora vista por unha estimación de 2.768.000 persoas (unha cota de pantalla do
19,8%)
59
.
8. Afloramento de radios on line e apps.
Con respecto do informe do 2010, notamos a presenza de programas de radio específicos
sobre orquestras de verbena. Habitualmente, as radios locais como Radio Estrada, Radio
Caldas ou Radio Boiro son os focos de difusión de traballos discográficos así como de
actuacións de orquestras.
Algunhas emisoras que ata o de agora eran de ámbito local xa teñen, grazas a Internet, a
posibilidade de obter unha proxección mundial. Casos paradigmáticos poden ser o programa
Palco directo de Fórmula Fun Radio
60
dirixido por Rubén Romeo e Palco de estrelas de
Radio Valga
61
dirixido por Daniel Seijas nos que, ademais de radiarse temas executados por
orquestras, son entrevistados membros desas formacións.
A estes espazos temáticos incluídos na programación das radios anteriormente mencionadas
hai que engadir a páxina web derivada de Pasión orquestas, denominada Radio Verbenas
62
,
que é reprodutor automático on line de cancións executadas por formacións de verbena, isto é,
non ten programación. Un total de 22 formacións de todo o territorio español participan coa
execución de temas; 15 destas formacións son galegas. Como se trata dunha emisión on line,
obviamente, ten a posibilidade de obter un alcance mundial.
No informe de 2010 xa nos faciamos eco da existencia de páxinas web adicadas
exclusivamente a este mundo das orquestras de verbena como poden ser Pasión orquestas
63
,
Orquestas y fiestas
64
ou Fene.com
65
pero non tiñamos a constancia de existencia de
aplicacións para o teléfono móbil (apps) coma a que se deriva da páxina web Orquestas de
Galicia
66
. Por medio desta app denominada Orquestas de Galicia
67
que xa supera as 5.000
descargas pódense consultar as datas das verbenas e/ou actuacións de orquestras, a situación e
ruta ata as mesmas, as novidades sobre as orquestras favoritas… Outra app máis centrada na
festa que nas orquestras sería Galicia en festas, aínda que semella que non goza dunha
valoración tan positiva como a anteriormente mencionada.
Aínda non se aprecia unha emerxencia masiva de apps de orquestras concretas; con todo, un
exemplo podería ser a aplicación para o móbil da orquestra Panorama
68
ou a da orquestra
Filadelfia
69
.
59
Telemania.es. 'Las Campanadas de Mediaset reúnen a 3,5 millones de espectadores (25,1%)'.
http://www.telecinco.es/telemania/audiencias/audiencia-campanadas-mediaset-tve-antena-
sexta_0_1534575052.html a 30 de abril de 2013.
60
http://www.formulafunradio.es
61
http://www.radiovalga.net
62
http://www.radioverbenas.tk
63
http://pasionorquestas.es.tl
64
http://orquestas5c.blogspot.com.es
65
http://fenecom.blogspot.com.es
66
http://www.orquestasdegalicia.es
67
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.samirfk.orquestas
68
https://play.google.com/store/apps/details?id=appinventor.ai_outtime34.MagicTour2012&feature=search_result
#?t=W251bGwsMSwxLDEsImFwcGludmVudG9yLmFpX291dHRpbWUzNC5NYWdpY1RvdXIyMDEyIl0
3379
Xa no informe sobre o ano 2010 apuntábase que o fenómeno das orquestras de verbena non
era exclusivo de Galicia. Neste senso, débese indicar que a aplicación
70
derivada da páxina
web Orkestas.es amplía a todo o territorio nacional a información sobre as orquestras e as
súas actuacións.
9. Temos constancia de máis orquestras de fóra da comunidade que veñen a
actuar a Galicia.
De 624 formacións, a día de hoxe sabemos a procedencia de 178. As poboacións onde se
recolle un número máis elevado de formacións son:
Táboa 3: Poboacións de procedencia con máis formacións musicais de verbena en Galicia
Pontevedra
20
Vigo
19
A Coruña
17
Ourense
14
Santiago de Compostela
10
Fonte: elaboración propia
O número de formacións de fóra de Galicia que veñen actuar nas verbenas galegas que temos
contabilizado ata o momento é de 36. Delas, 11 son de Asturias, tres de León, tres das Illas
Canarias e tres de Portugal. A oficina Galicia Espectáculo ten na súa listaxe de orquestras a
ofrecer sete destas formacións.
69
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.appbuilder.u146722p274618&feature=search_result#?t=W25
1bGwsMSwxLDEsImNvbS5hcHBidWlsZGVyLnUxNDY3MjJwMjc0NjE4Il0
70
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.orkestas.es&feature=search_result#?t=W251bGwsMSwxLDE
sImNvbS5vcmtlc3Rhcy5lcyJd
3380
10. A industria dos discos das orquestras galegas de verbena
De 624 orquestras, polo de agora sabemos da existencia de 32 que teñen disco propio, pero
tamén temos constancia de discos popurrí de orquestras de Galicia:

Fonte: catálogo facilitado pola empresa Metanetwork
Existen igualmente discos de popurrí de orquestas de todo o estado español:

Fonte: catálogo facilitado pola empresa Metanetwork
3381
Os discos, lonxe da imaxe inicial que podiamos ter de situalos nun circuíto marxinal de
gasolineiras e bares, véndese en establecementos como El Corte Inglés
71
na categoría de
“canción española” e na subcategoría de “canción rexional”. Hai polo menos tres selos
vinculados á distribución de discos de orquestras galegas de verbena. Estes selos son Quela
Records, Inquedanzas Sonoras e Caramba!. Esta última, emprazada en Barcelona, ten no seu
catálogo 26 orquestras galegas e a primeira en entrar a colaborar con este selo foi a orquestra
Olympus de Negreira (A Coruña).
11. Conclusións
O papel da muller na industria das verbenas parece que non cambiou moito segundo os datos
expostos nesta comunicación con respecto ao informe sobre o ano 2010 Do palco ó escenario,
xa que no número recollido polo momento de homes e mulleres que forman parte dun
conxunto musical de verbena corresponde a un 74% de homes e a un 26% de mulleres, que na
súa maioría, son cantantes.
A enorme competencia propiciou que dúos, tríos, grupos ou orquestras tomen conciencia da
importancia de manter unha comunicación fluída co seu público potencial a través das redes
sociais ou de portais webs propios ou especializados no sector, e ata coa difusión de
aplicacións propias para teléfonos móbiles.
Dos datos incluídos nesta comunicación pódese inferir que aínda que a industria da verbena é
un sector da industria cultural altamente independente das subvencións públicas, non é allea á
crise.
Esta industria debido ao seu arraigo social, cultural e popular non se paraliza, segue a haber
un número importante de verbenas con orquestra pero parece que a adaptación ao contexto
económico actual está constituída por unha baixada importante de caches así como por unha
disgregación de formacións numerosas en tríos e dúos, que manteñen o baile nas verbenas a
un prezo máis axustado. Por parte das formacións, o mantemento dunha formación pequena,
diminúe os gastos de mantemento en nóminas e alugueres de equipos técnicos para o
espectáculo.
12. Bibliografía
Fandiño, X. (coord.). Do palco ó escenario.Unha aproximación analítica á industria da música
nas festas populares de Galicia. recuperado o 29 de abril de 2013, de
http://www.agadic.info/temas/agadic/gfx/publicacion/do_palco_o_escenario.pdf
Recursos en internet:
http://www.formulafunradio.es recuperado o 29 de abril de 2013
http://www.radiovalga.net recuperado o 29 de abril de 2013
http://www.radioverbenas.tk recuperado o 29 de abril de 2013
71
http://www.elcorteingles.es/tienda/musica/browse/productDetailCultural.jsp?categoryId=999.425&productId=A
3797539
3382
http://pasionorquestas.es.tl recuperado o 29 de abril de 2013
http://orquestas5c.blogspot.com.es recuperado o 29 de abril de 2013
http://fenecom.blogspot.com.es recuperado o 29 de abril de 2013
http://www.orquestasdegalicia.es recuperado o 29 de abril de 2013
ResearchGate has not been able to resolve any citations for this publication.
Book
Full-text available
“Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia” (From the box to the stage. An analytical approaching to the musical industry of party bands in the popular parties of Galicia). This research was made inside the theoretical frame of the Popular Music Studies about the live music industry of the Galician popular parties Orchestras on 2010. Dr. Xaime Fandiño is the coordinator of this research. This research was funded by the AGADIC (Galician Agency of Cultural Industries) http://www.agadic.info/temas/agadic/gfx/publicacion/do_palco_o_escenario.pdf
Las Campanadas de Mediaset reúnen a 3,5 millones de espectadores (25,1%
  • Telemania
  • Es
Telemania.es. 'Las Campanadas de Mediaset reúnen a 3,5 millones de espectadores (25,1%)'.