
Henrique Neira PereiraUniversity of Santiago de Compostela | USC
Henrique Neira Pereira
PhD
About
78
Publications
1,112
Reads
How we measure 'reads'
A 'read' is counted each time someone views a publication summary (such as the title, abstract, and list of authors), clicks on a figure, or views or downloads the full-text. Learn more
11
Citations
Citations since 2017
Introduction
Estou a investigar sobre raios caídos en Galicia dos que quedaran rexistrados efectos sobre seres vivos, edificios, medios de transporte ou terras.
Skills and Expertise
Publications
Publications (78)
“Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia” (From the box to the stage. An analytical approaching to the musical industry of party bands in the popular parties of Galicia). This research was made inside the theoretical frame of the Popular Music Studies about the live music industry of t...
O viño ullao aparece mencionado desde o século XIII en documentos galegos e co tempo esta denominación estendeuse a gran parte do viño producido nas terras do arcebispado de Santiago con destino ás clases populares, mentres o viño do Ribeiro era o preferido das elites e o que máis se exportaba para o exterior. Existe ademais unha variedade de uvas...
O presente traballo busca ser unha historia xeral do concello de Vedra desde a Prehistoria ata a actualidade, e para el tomei como base os meus anteriores libros ‘Vedra. Da Prehistoria ó 1900’ (2001-2002) e ‘Vedra. Da Prehistoria ós inicios do século XX’ (2007). Aquí ofrécese a portada, páxina de créditos, índice e bibliografía.
Supoñemos que habería en terras galegas algún sistema de numeración na Idade de Bronce -o tempo dos petróglifos- e que se puideron coñecer despois os dos pobos fenicios e gregos polas visitas que navegantes desas procedencias facían ás costas galegas. As mostras máis antigas da numeración romana na Gallaecia, nos miliarios, superan os dous milenios...
Caderno de campo orientado a rapazas e rapaces de Primaria co que poden adquirir maiores coñecementos sobre a cultura oral das terras da Ulla: contos, lendas, adiviñas, refráns, xogos, costumes, cantares... toda a riqueza da fala. Pode descargarse desde https://raiceiros.files.wordpress.com/2021/03/caderno_ullaoralmente.pdf
Hoxe en día, facer un catálogo de publicacións dixitais producidas en Galicia é unha tarefa inabordable porque cada día aumenta o número de webs e blogs que achegan edicións dixitais da totalidade ou parte dun volume. Con todo, existen sitios web con vocación de biblioteca e que ofertan para a súa consulta ou descarga desde unhas poucas ducias ata...
RESUMO:
En 2020 conmemoramos o bicentenario do nacemento de Ramón Antonio Iglesias Abeleira, reloxeiro de Santiago de Compostela que acadou sona en 1852 cando construíu un sorprendente neceser equipado con autómatas en miniatura para a raíña Isabel II. Por ese innovador traballo que combinaba a artesanía con complexos mecanismos de reloxería foi no...
Texto no que se analiza a cántiga galega transcrita por William Wey en 1456 na súa peregrinación a Santiago de Compostela.
Pertence a este libro:
https://www.edicionsfervenza.es/home/271-cancioneiro-do-camino.html
Este Vocabulario Ullao-Ghalegho (Ullán-Galego) inclúe palabras e expresións de uso na comarca da Ulla, no curso medio do río Ulla, e que non aparecen no Dicionario da Real Academia Ghalegha ou que aparecen pero con outros significados.
RESUMO
Hai varios milenios que se utilizan en Galicia sistemas de numeración: supoñemos que habería algún na Idade de Bronce -o tempo dos petróglifos- e que se puideron coñecer despois os dos pobos fenicios e gregos polas visitas que navegantes desas procedencias facían ás costas galegas. As mostras máis antigas da numeración romana na Gallaecia, n...
RESUMO
No baile de San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña, Galicia) subsisten os restos do que antano foi unha ampla carballeira que formaba parte do igrexario parroquial: as propiedades das que antigamente obtiñan parte dos seus ingresos os párrocos e patróns. Dos catro carballos que quedan, un deles, en moi mal estado, recibe entre a veciñanza o...
O artigo describe a historia e as lendas de San Xoán da Cova (Vedra, A Coruña).
Conto popular recollido no Val do Ulla para incrementar a colección de literatura oral da web Galicia Encantada, xestionada por Antonio Reigosa.
RESUMO
As celebracións festivas no Val do Ulla (Galicia) e a música como elemento clave delas aparecerán frecuentemente desde mediados do século XIX nos textos xornalísticos que achegan a lectoras e lectores fundamentalmente das cidades unha realidade sensiblemente diferente á súa. As descricións e crónicas das festas acadaron un certo éxito non só...
Biografía do fotógrafo de San Pedro de Vilanova (Vedra, A Coruña) Luis Ballesteros Martínez (1916-2018).
Con seguridade, as novelas de Jules Verne eran coñecidas en Galicia para cando Rosalía de Castro dá ó prelo "Follas Novas". O fío condutor do poema "Apresa Alvaro d'Anido" que figura en "Follas Novas" ben puideran ser varios títulos da autoría do escritor francés agrupados na serie que o fixo universal e na que publicou 68 novelas entre 1863 e 1919...
Artigo que achega algúns datos da biografía de Carolina Neira Flórez, unha das primeiras pintoras galegas das que coñecemos o nome, e que faleceu na Ponte Ulla (Vedra, A Coruña) en 1917.
Artigo sobre a escritora Marisa Villardefrancos, nacida en Vedra e moi popular nas décadas de 1950 e 1960 no mercado literario en español, sendo autora de varias ducias de novelas.
Achéganse datos sobre as orixes medievais da igrexa de San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña).
A industria musical en Galicia, pola súa dimensión, estratexia, elementos identitarios, autoría, emprendemento... precisa de estudos puntuais e de seguimento no tempo que amosen a súa realidade e a súa evolución. Cos datos obtidos e as hipóteses expostas nestes traballos sectoriais, estaremos en condicións de acadar propostas e estratexias fundamen...
A novela 'El caballero de las plumas azules' foi presumiblemente publicada por entregas a nalgún periódico galego de finais do século XIX, probablemente despois de 1875. No único exemplar conservado faltan as primeiras e as últimas páxinas e non figura a información sobre a súa autoría, aínda que pensamos que o autor coñecía ben a comarca compostel...
RESUMO
Asegura a lenda que o Pozo de San Xoán da Cova, no curso medio do
río Ulla, ten un encanto: trátase dunha grade de ouro que soamente se pode obter cumprindo determinadas condicións. É relativamente fácil escoitar variantes desta narración oral recollidas desde hai máis dun século no val ullao, pero probablemente non son tan coñecidas pola...
Resumo
Un 65% dos habitantes de Galicia acode cando menos unha vez por ano a algunha das milleiros de verbenas que se celebran na comunidade. As orquestras máis famosas atraen milleiros de persoas en case cada actuación, pero salvo excepcións non explotan as posibilidades publicitarias que ofrecen estes eventos. A través da análise dos datos que ob...
Análise da prensa da Estrada e comarca entre 1920 e 1936 para estudar a música popular e a sociedade nesa época e nesa zona de Galicia.
Este volume quere ser un primeiro achegamento á historia da informática en Galicia, que agardamos poida ampliarse no futuro. Para isto elaboramos unha cronoloxía que comeza moito antes dos primeiros computadores, para mostrar que existe en Galicia desde hai séculos unha tradición de coñecementos de cálculos matemáticos e astronómicos; sistemas de n...
Abstract
The music industry of live festivals in Galicia turnover of at least 26.2 Million euros in 2010 according to the analysis 'Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia', framed in popular music studies.
Only in 2010 we count more than 5,700 Performances of musical verbena groups (l...
Resumo. Polas noticias que achega a prensa da época sabemos que o dirixible ale-mán Graf Zeppelin viaxou por Galicia entre 1928 e 1937. Foi visto cando menos cinco veces desde Vilagarcía de Arousa, e polo menos dúas pola comarca da Ulla, en 1932 e 1935. Tivemos a oportunidade de falar con persoas que o viron no 1935 desde distintos puntos do Val do...
Achéganse datos sobre varios foros e arrendamentos que mencionan terras na parroquia de San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña) entre 1450 e 1600.
This research was made inside the theoretical frame of the Popular Music Studies about the live music industry of the Galician festivals Portamérica (indie festival) and Ortigueira (folk festival). Dr. Xaime Fandiño was the coordinator of this research.
Noticias sobre San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña) publicadas na prensa, desde as relacionadas coas barcas do río Ulla en 1876 ata o dirixible Graf Zeppelin que sobrevoou a comarca da Ulla, no centro de Galicia, en 1935.
Noticias sobre A Lavacolla (Santiago de Compostela) e arredores publicadas na prensa entre 1850 e 1909.
Libro en galego, español e inglés sobre a historia e a actualidade do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
Viaxe polas terras que baña o río Ulla desde a comarca da Ulloa ata a ría da Arousa.
RESUMO.
Catro mil piñeiros viaxaron flotando polo río Ulla abaixo en 1883, de acordo coas noticias que recolle o xornal compostelán 'Gaceta de Galicia'. Cortados en Ximonde (Vedra) foron acompañados por persoal experto ata Pontecesures, na que constitúe a única experiencia masiva de transporte fluvial de madeira neste tramo do Ulla que coñecemos p...
Os carteis das orquestras galegas destacan polo seu alto nivel icónico, pois neles figuran referencias á tradición musical (como é a separación visual entre os solistas e os músicos) co continuo uso de referencias que nos remiten ao universo do espectáculo (instrumentos, por exemplo), así como o uso activo da cor en canto a elemento de reclamo. Tam...
Galicia continúa a ter a pesar da crise económica un circuíto consolidado de actuacións en directo de orquestras e formacións orquestrais baseado nas festas populares tradicionais e complementado por outros eventos de recente creación coma as festas da xuventude, que permiten que milleiros de persoas vivan da industria musical. Son 624 as formación...
Resumo. As innovacións tecnolóxicas na historia da sociedade moderna tiveron un papel fundamental na popularización da música. O rexistro e a reprodución sonora a partir de soportes físicos, desde os primitivos papeis encerados e os cilindros de estaño ou cera ata os máis modernos formatos dixitais, axudou á difusión de xéneros, composicións e arti...
Consultando a prensa dixitalizada en Galiciana. A Biblioteca Dixital de Galicia, recollemos para este texto unha selección de informacións que viron a luz entre 1892 e 1900 en distintas publicacións e que nos axudan a formarnos unha idea de como eran as festas na época.
Noticias sobre o concello de Vedra publicadas entre 1891 e 1900.
Viaxe polo río Ulla descubrindo as pontes, pontellas e pasos que o atravesan desde o seu nacemento ata a súa desembocadura na ría da Arousa.
Achéganse datos sobre os efémeros partidos xudiciais do Ulla e Tras-Ulla, creados no século XIX.
Biografía de Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, a primeira estrela da radio en galego na década de 1930.
RESUMO
O Vello do Pico-Sagro é a primeira publicación periódica escrita integramente en galego. Cumpriuse no 2010 un século e medio da edición dos seus cinco números por iniciativa de Antonio de la Iglesia González, todos eles dedicados a achegar información e opinión sobre a chamada guerra de África de 1859-1860, e facéndoo dun xeito moi orixinal,...
Rutas por los ríos Ulla, Tambre y Xallas.
Rutas polos ríos Ulla, Tambre e Xallas.
Trails by the rivers Ulla, Tambre and Xallas.
En 2011 cumpríronse cento noventa anos da creación do primeiro concello de Vedra.
RESUMO
O artigo analiza brevemente a situación das páxinas web municipais en Galicia e anima ao seu uso en clave educativa, exemplificando o seu potencial a través da análise das liñas de traballo de municipios de diversa entidade poboacional.
RESUMEN
El artículo analiza brevemente la situación de las páginas web municipales en Galicia y anima a s...
Historia do concello da Enfesta, integrado no concello de Santiago de Compostela en 1963.
Compilación de coplas populares da comarca da Ulla (Galicia).
Compilación de coplas da comarca da Ulla.
Comentario sobre un texto de Uxío Novoneyra arredor da súa percepción da cultura galega.
Resumo. Numerosos ditos e cántigas que se conservan na memoria das xentes do Val do Ulla conteñen referencias a fenómenos meteorolóxicos máis ou menos frecuentes ou ó comportamento do clima. Tanto na tradición oral coma nos textos que recollen este tesouro cultural hai referencias a lugares do val, pero tamén hai contidos semellantes ós doutras zon...
Historia e cultura da parroquia de Santiago de Gres (Vila de Cruces), na que naceu Xosé Neira Vilas.
Historical records of meteor showers and, more rarely, fireballs have been found in ancient chronicles all around the world. Finding records of bolide airbursts is particularly interesting in order to better understand the influence of these events in temperature variations or other anomalies preserved in geological records. In particular, direct e...
Haberá xa uns vinte anos que anoto coplas tradicionais, refráns, lendas e contos que escoito de xente da Ulla, fundamentalmente familiares. En particular intereseime nas coplas: unha copla, como é ben sabido, é unha "composición poética, polo xeral de catro versos, para ser cantada", tal como resume o Diccionario da Real Academia Galega do 1997. Co...
Achegamento á construción do viaduto ferroviario do Gundián (Vedra, A Coruña-A Estrada, Pontevedra) rematado en 1958, e á cultura da contorna.
Guía de bibliotecas virtuais en Internet onde figuran libros galegos ou de interese para Galicia. Pódese ler en liña en:
http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=23650
En decembro do 1997 comecei a publicar en Internet unha pequena web con información sobre as terras da Ulla, nun momento no que existían poucas páxinas na rede sobre Galicia. A cousa foi medrando paseniño con textos e imaxes non só meus, senón de varios amigos e amigas que desinteresadamente achegaron o seu esforzo para crea-lo que hoxe é o portal...
Historia do concello de Vedra desde a Prehistoria ós inicios do século XX.
O uso de aplicacións de software libre en medios de comunicación. O caso do Grupo Correo Gallego compostelán.
Danse a coñecer libros sobre a A Estrada dispoñibles en Internet.
Repaso a unha década do suplemento de divulgación "Descubrir" de "O Correo Galego" e "Galicia Hoxe".
Danse a coñecer os contidos que acolle a Biblioteca virtual da Real Academia Galega.
Publicación sobre a comarca natural do Val do Ulla, que inclúe parte dos concellos da Estrada, Boqueixón, Teo e Vedra e mais algunhas das parroquias limítrofes dos concellos de Padrón, Touro, Vila de Cruces e Silleda.
Repaso da primeira década das edicións dixitais dos diarios composteláns 'El Correo Gallego' e 'Galicia Hoxe'
Guía sobre Internet que inclúe webs de interese para quen navega pola rede desde Galicia.
Historia de San Paio de Sabugueira, a parroquia de Santiago de Compostela onde se encontra o aeroporto da Lavacolla.
Manual de estilo do xornal compostelán O Correo Galego (1994-2003)
Guía de 1.000 webs de Galicia e 1.000 do resto do mundo de interese para Galicia.
Divulgación e educación ambiental en galego: a experiencia do suplemento Descubrir do diario compostelán O Correo Galego.
Guía da Galicia medieval e da súa cultura.
Uso de novas tecnoloxías da educación nas aulas galegas, con especial atención a recursos de lingua e literatura galegas.
Número monográfico do suplemento 'Descubrir' do diario 'O Correo Galego' sobre as novas tecnoloxías que estaban chegando á sociedade a finais da década de 1990. Foi premiado en Torredembarra (Tarragona) e forma parte do libro 'II Cartell de Premis Torredembarra'.
Un repaso á cultura e á historia de Galicia a través de 17 categorías de cousas.
Historias, lendas e misterios arredor do Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña, Galicia). Artigo publicado na revista 'Galicia en Madrid'. Nº 43. P. 13-15.